Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de novembro de 2012

    Os expertos queren regular e protexer o kurdo para garantir que a lingua non morrerá no futuro. O proxecto de lei inclúe o uso e respecto da lingua kurda en varias áreas da rexión semi-autónoma de Iraq.

    Fonte: Press TV

    23 de novembro de 2012

    O consello de organismos sociais do éuscaro, Kontseilua, reclamoulle á Administración que poña en marcha medidas para que as persoas que queiran “traballar en éuscaro” poidan levar a cabo este propósito.

    Fonte: Diario Vasco

    23 de novembro de 2012

    Persoas xordas, xunto aos seus familiares e amigos, asistiron á Lexislatura provincial de Neuquén para reclamar a aprobación dunha lei de signos arxentina.

    Fonte: Tecno Sord

    23 de novembro de 2012

    Víctor García de la Concha, director do Instituto Cervantes, advertiu de que o idioma español en Estados Unidos ten un problema de clase; é visto como algo de inmigrantes e quizá por iso non se lle dá a importancia necesaria.

    Fonte: El Economista

    23 de novembro de 2012

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e a Federación de Persoas Xordas da Comunidade Valenciana (Fesors CV) amosaron a súa satisfacción pola aprobación da Carta de Dereitos Sociais da Comunidade Valenciana que asegurará o uso da lingua de signos propia das persoas xordas, que deberá ser obxecto de ensino, protección e respecto.

    Fonte: El Economista

    23 de novembro de 2012

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) constata a legalidade, no seu conxunto, do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, así como dos seus principios inspiradores, por canto avala o equilibrio entre galego e castelán, considera axustada a dereito a introdución do plurilingüismo e constata que potencia a promoción do galego no sistema educativo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de novembro de 2012

    Carlos García, responsable de crear a conta en Twitter, @twitter_en_galego, abre agora unha páxina web cos pasos que cómpre seguir para axudar a que teñamos esta rede social nesta lingua.

    Fonte: Sermos Galiza

    22 de novembro de 2012

    O Goberno de Gales lanzou unha nova estratexia deseñada para reforzar o uso da lingua galesa en sanidade. O principal obxectivo desta medida é que os falantes de galés, as súas familias e o persoal sanitario poidan expresar as súas necesidades sanitarias na súa lingua nativa.

    Fonte: Wales Online

    22 de novembro de 2012

    A Fraternidade da Lingua Córnica nomeou a un novo oficial de desenvolvemento para axudar as asociacións a usar o córnico. A súa función será axudar e animar as organizacións a usar a lingua córnica nos seus materias de promoción e nas súas actividades diarias.

    Fonte: This is the West Country

    22 de novembro de 2012

    O alcalde de Pamplona e a directora administrativa da Escola Navarra de Teatro asinaron un convenio de colaboración para subvencionar actividades relacionadas coas artes escénicas nas que se utilice o éuscaro como lingua de expresión.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder