Un grupo de mozos emprendedores lanzou a primeira web de ofertas e compras en grupo por cupóns en catalán, bautizada como “Catoferta.cat” e que xa se atopa activa en internet.
Fonte: Finanzas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un grupo de mozos emprendedores lanzou a primeira web de ofertas e compras en grupo por cupóns en catalán, bautizada como “Catoferta.cat” e que xa se atopa activa en internet.
Fonte: Finanzas
O Club de Debate é un programa de promoción do uso do galego que organizan conxuntamente os servizos de normalización lingüística de varios concellos (Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo).
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o Caderno Ramón Piñeiro número XXIII, Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961).
Fonte: Xunta de Galicia
O Ministro de Educación e Formación de Vietnam avaliará a calidade dos profesores de linguas estranxeiras de nivel superior e elaborará un plan de formación para futuros profesores.
Fonte: Vietnam Net
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo que recaeu na viguesa María Concepción Álvarez Lebredo, polo poemario Distancias e Simetrías.
Fonte: Xunta de Galicia
De onde veñen as novas palabras? Polo menos en Twitter, acostuman comezar nas cidades, cunha grande poboación afroamericana, antes de estenderse, segundo un estudo da lingua usada na rede social.
Fonte: NewScientist
O Parlamento vasco conseguiu o diploma de prata Bikain de ‘Calidade no Éuscaro’, que acredita o bo uso e xestión desta lingua.
Fonte: Europa Press
O programa do ‘Voluntariado polo valenciano’, creado por Escola Valenciana en 2005, suma xa 6000 parellas lingüísticas formadas por un voluntario falante de valenciano e unha persoa que quere aprender a lingua para charlar en valenciano durante unha hora á semana.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou as xornadas formativas para equipos de dinamización da lingua galega Acollendo en Galego. Integración Lingüística e Cultural do Alumnado de Procedencia Estranxeira.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha fin de semana máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegaralles ás localidades adscritas á Rede de Dinamización da Xunta de Galicia (RDL) os dous programas de promoción do galego que está a despregar simultaneamente por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín