En Galicia vén de poñerse en marcha unha iniciativa de recollida de sinaturas en change.org, para pedir Twitter en galego, xa. Comezou este martes e achégase xa ao milleiro de apoios.
Fonte: Praza Pública
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
En Galicia vén de poñerse en marcha unha iniciativa de recollida de sinaturas en change.org, para pedir Twitter en galego, xa. Comezou este martes e achégase xa ao milleiro de apoios.
Fonte: Praza Pública
O alcalde de Muxía, Félix Porto, entregou os premios do concurso Durmo... se me contas un conto, organizado polo Concello para dinamizar a lingua galega e fomentar traballos entre pais e fillos.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Ciberdúvidas, o portal dedicado á lingua portuguesa, podería pechar se continúa sen apoios económicos, anunciou o responsable do proxecto, José Mário Costa.
Fonte: Público
A Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Estremadura incrementou un 23,6 por cento o número de seccións bilingües nos centros educativos, pasando de 155 a 203 no curso 2012-2013.
Fonte: Europa Press
Por segundo ano consecutivo, a Universidade de Oviedo, a través da Casa das Linguas, convocou dous cursos de asturiano en Xixón e Oviedo.
Fonte: Asturnews
Twitter acaba de anunciar a dispoñibilidade do seu servizo en seis novas linguas, entre as que se atopan o catalán e o éuscaro. A compañía abrira as ferramentas de tradución dispoñibles para os usuarios o pasado mes de maio.
Fonte: ABC
O Consello Superior de Educación de Qatar emitiu un decreto polo que “o árabe debe ser a única lingua de educación oficial na Universidade de Qatar” e en consecuencia, “a universidade debe tomar as medidas necesarias para iso”.
Fonte: FT
O Centro Residencial Docente do Meixoeiro (Vigo) acolle a 135 alumnos de toda Galicia que participan nun campamento de inmersión lingüística promovido pola Xunta. Os estudantes aprenden o idioma con profesores na súa maioría canadenses e sen noción ningunha de español.
Fonte: Faro de Vigo
Desde esta asociación en defensa do idioma destacan “a importancia de que en Asturias o comercio empregue o asturiano con naturalidade, dado que o papel da normalización é unha responsabilidade individual e colectiva, tanto das entidades públicas coma privadas”.
Fonte: Asturnews
Os primeiros resultados da sexta entrega de 'Hizkuntzen kale-erabileraren neurketa' (medición do uso das linguas na rúa) indican que o 13,3 % das conversas que se mantiñan nas rúas do País Vasco e Navarra durante as semanas de 2011 nas que se realizou o traballo de campo se producía en éuscaro. É unha porcentaxe case idéntica á detectada en 2001 e case tres puntos maior que a rexistrada en 1989.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín