Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xullo de 2012

    Unha das liñas de actividade da Mesa pola Normalización Lingüística é a de salientar o compromiso das empresas con respecto ao galego. Neste compromiso, destaca a asociación, cobran especial importancia empresas ligadas á innovación e ao tecnolóxico, como é o caso de Ceros e Uns, firma de informática emprazada en Ponteareas.

    Fonte: Código Cero

    10 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes comprométense a colaborar na difusión da lingua e cultura galegas no ámbito internacional.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xullo de 2012

    O teatro ten que ser para todos. Tendo isto en conta, o grupo Tom Brasil decidiu implantar, nos seus espectáculos teatrais en Río de Xaneiro e São Paulo, a interpretación simultánea a libras, lingua de signos brasileira.

    Fonte: R7

    10 de xullo de 2012

    A lingua mam, propia das comunidades da zona alta de Tapachula, está en desuso debido a que o goberno estatal non aceptou a 32 comunidades indíxenas de Tapachula para que poidan recibir apoio a través da Secretaría de Pobos e Culturas Indíxenas.

    Fonte: El Mexicano

    10 de xullo de 2012

    A Consellería de Educación e Cultura de Estremadura, en colaboración coa Embaixada de Romanía en España, introducirá o próximo curso a materia “Lingua, Cultura e Civilización Romanesa”, como experiencia piloto, en 16 centros educativos da comunidade.

    Fonte: La Información

    10 de xullo de 2012

    O Executivo foral navarro e o Goberno vasco subscribiron un convenio específico de colaboración en materia de éuscaro, que establece a cooperación técnica en nove ámbitos relacionados coa protección e o desenvolvemento desta lingua, así como coa investigación, documentación e intercambio de coñecementos e información.

    Fonte: 20 minutos

    09 de xullo de 2012

    Arxentina quedou no posto 16 de 44 nunha clasificación a nivel mundial e superou a México, España e Chile, segundo un estudo privado sobre nivel de inglés. Os arxentinos que falan inglés caracterízanse pola súa boa pronunciación e entoación.

    Fonte: El Tribuno

    09 de xullo de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Ribadavia ao acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros, promovido polo Foro Enrique Peinador.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xullo de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, fixeron entrega dos premios de Lingua de namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou a XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que se están a desenvolver na Universidade de Santiago de Compostela (USC) ata o vindeiro 27 de xullo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder