HTC anunciou recentemente un apoio total a tres linguas indias (hindi, támil e maratí) dado que todos os teléfonos intelixentes HTC a partir da liña de 2012 presentarán estas linguas.
Fonte: Gigjets
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
HTC anunciou recentemente un apoio total a tres linguas indias (hindi, támil e maratí) dado que todos os teléfonos intelixentes HTC a partir da liña de 2012 presentarán estas linguas.
Fonte: Gigjets
Un total de 64 dos 364 dialectos indíxenas de México están en “alto risco" de desaparecer, quedando menos de 100 falantes de cada una delas.
Fonte: Informador
A xunta de voceiros do Parlamento de Cataluña aprobou unha declaración na que defende a unidade do catalán e denuncia as “denominacións impropias que, ao seu ver, contraveñen os principios científicos e académicos” que impulsan os gobernos de Aragón e as Illas Baleares.
Fonte: Levante-emv
Unha páxina web favorecerá un mellor coñecemento por parte das persoas xordas da Constitución Español, ao mostrar todo o seu contido nas linguas de signos española e catalá, e incorporar tamén a versión en castelán deste documento.
Fonte: La Información
Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas.
Fonte: CTNL
Trinta e seis aspirantes presentáronse ás entrevistas persoais do proceso de selección de profesores-lectores para seis dos 29 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. A Consellería de Cultura e Educación renova por medio desta convocatoria seis dos 29 lectorados universitarios cos que conta a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha enquisa sociolingüística encargada polo Goberno vasco pon de manifesto que en 20 anos o número de persoas bilingües maiores de 16 anos creceu en 185.600 novos euskaldúns ata representar un 27% da poboación total da Comunidade Autónoma Vasca, Comunidade Foral de Navarra e Iparralde.
Fonte: Noticias de Navarra
O 28% das ofertas de emprego que se barallan no mercado laboral na actualidade esixen o coñecemento dunha lingua estranxeira, o que supón unha subida do 1,3% con respecto a 2010.
Fonte: Europa Press
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) aprobou un convenio de colaboración co Instituto Ramón Llull para a promoción da lingua e a cultura valencianas a través de tres lectorados en universidades europeas.
Fonte: 20 minutos
A Xunta segue sen ofrecer clases nos institutos a pesar do aumento da demanda nos últimos anos e da proximidade lingüística co galego.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín