As comisións Nacional de Dereitos Humanos (CNDH) e do estado de Iucatán (Codhey) lanzaron unha campaña contra a trata de persoas, que será traducida a un total de dez linguas indíxenas.
Fonte: Proceso
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As comisións Nacional de Dereitos Humanos (CNDH) e do estado de Iucatán (Codhey) lanzaron unha campaña contra a trata de persoas, que será traducida a un total de dez linguas indíxenas.
Fonte: Proceso
A Fundación Amigos de Galicia concedeulle á entidade empresarial Vegalsa-Eroski un galardón polo seu compromiso co uso do galego no ámbito empresarial, así como polas accións sociais, ambientais e de fomento do emprego desenvolvidas en Galicia.
Fonte: CEG
Os membros da Asociación Trabalingua están este curso inmersos nunha ardua tarefa: buscar novos socios que garantan o relevo xeracional e a supervivencia dunha asociación de mozos e mozas da Universidade de Vigo preocupados pola situación actual da lingua galega.
Fonte: Universidade de Vigo
Un defensor das linguas do Pacífico en Nova Celandia solicita a axuda dos maorís para manter as linguas vivas entre as comunidades das illas pacíficas de Nova Celandia.
A Fundación do Pensamento Árabe anunciou o comezo da súa iniciativa “Subamos coa nosa lingua”, que pretende aumentar e promover o uso da lingua árabe.
Fonte: Gulf News
O Concello de Tenerife achegará 4860 euros a unha fundación, que estarán destinados a cubrir o 40 % do custo anual do servizo de intérpretes de lingua de signos. Este recurso está concibido como unha ponte de entendemento entre a comunidade xorda e a oínte, facendo accesible a información noutra lingua e logrando integrar as persoas xordas na sociedade sen limitacións comunicativas.
Nos centros asturianos públicos de ensino primario e secundario hai uns 20 500 alumnos que estudan a lingua asturiana.
Fonte: El Comercio
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a fornecer de actividades dinamizadoras a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia a través dos programas que ten en marcha de maneira simultánea para promover o uso do galego e ofrecerlle á cidadanía unha ampla oferta destinada ao tempo de lecer.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia está a desenvolver desde setembro ata decembro 21 cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica, nos que participan 630 alumnos/as, que teñen como obxectivo seguir capacitando en lingua galega o persoal ao servizo das administracións públicas.
Fonte: Xunta de Galicia
O 81,6 por cento das empresas vascas con máis de dez empregados dispón de páxina web e un 41,8 por cento permite acceder a elas en éuscaro, segundo a Enquisa sobre a Sociedade da Información do Eustat.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín