Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de decembro de 2012

    A Confederación de Persoas Xordas denunciou que a aprendizaxe, uso e coñecemento da lingua de signos para alumnos xordos e as súas familias non se garante, a pesar da Lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

    Fonte: Europa Press

    04 de decembro de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, participou no acto homenaxe a Eduardo Blanco-Amor na IX Xornada de lembranza.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de decembro de 2012

    Nin o sistema de mensaxería WhatsApp, nin as redes sociais de YouTube, Facebook ou Twitter nin tampouco o sistema web Gnome para Linux foron ofertados en galego na súa primeira saída ao mercado. Na actualidade, porén, algúns deles xa poden usarse no idioma de Castelao mentres que, para outros, hai proxectos en marcha de tradución desde o inglés. Calcúlase que, polo menos, máis dun centenar de galegos se sumaron a varios proxectos para traducir gratis estes programas, contornos web e redes. Os voluntarios non cobran por este traballo.

    04 de decembro de 2012

    O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia vén de presentar a campaña “Vende en galego, vende en Nadal” dirixida ao comercio galego e para a que elaborou diversos carteis publicitarios e felicitacións de Aninovo en lingua galega para as súas relacións coa clientela.

    Fonte: Confederación de Empresarios de Galicia

    04 de decembro de 2012

    O British Council empezou a traballar co departamento de educación do Goberno de Bihar nun proxecto de formación de profesorado que pretende mellorar o ensino do inglés en secundaria de todas as escolas do estado de Bihar.

    Fonte: The Times of India

    04 de decembro de 2012

    Unha nova aplicación de vídeo en lingua irlandesa chamada TG Lurgan foi lanzada para presentar vídeos musicais como Gaeilge. A aplicación foi desenvolvida polos creadores da rede social en lingua irlandesa Abair Leat!, lanzada a comezos deste ano.

    Fonte: Silicon Republic

    04 de decembro de 2012

    Con motivo do Día Internacional do Éuscaro, diversas asociacións, entidades públicas e particulares organizan numerosas actividades (mesas redondas, exposicións, talleres, feiras, presentacións e todo tipo de espectáculos) para apoiar e homenaxear o éuscaro.

    Fonte: Euskara

    04 de decembro de 2012

    A ONG do catalán creou unha campaña para colocar a situación da lingua no debate público e denunciar os constantes ataques que recibe o catalán desde hai un tempo e que obstaculizan o proceso de normalización.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    03 de decembro de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou no acto de nomeamento dos novos membros da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA).

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a promover o galego polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio dos dous programas impulsados a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística: Os Axóuxeres e FalaRedes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder