Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Despois do éxito nas redes sociais das fotos da acción "Gústame o galego", chega agora un divertido e entusiasta vídeo co que moita xente quere seguir dicindo que lle gusta o galego.
Fonte: CTNL
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, confirmou que en 2013 a Real Academia Galega continuará a ter unha achega económica por parte da Xunta, así como o apoio da Administración autonómica para a realización das actividades e proxectos que desenvolva a devandita institución.
Fonte: Xunta de Galicia
Os equipos de dinamización da lingua galega ofrecen unha manchea de recursos para festexar o Nadal en galego desde as aulas, así como materiais escolares confeccionados con motivo desta celebración.
Fonte: Xunta de Galicia
O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, asegurou que as linguas cooficiais (catalán, galego, éuscaro e valenciano) van ter o mesmo tratamento que o castelán e o resto de materias troncais en carga lectiva na futura Lei de mellora da calidade educativa (LOMCE).
Fonte: Europa Press
O Museo do Mar de Galicia acolle ata o próximo 19 de xaneiro a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Euronews, a canle de noticias internacional, incorporou un novo idioma, o grego, co que quere chegar á comunidade de Grecia e Chipre repartida por todo o mundo.
Fonte: SatCesc
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura asistiron ao acto de imposición da insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ao actual presidente do Ateneo de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega.
Fonte: Xunta de Galicia
En xuño confirmouse que o número de dominios de primeiro nivel que van someterse a avaliación por parte de ICANN ascende a 1930. Para elixir a posición en que van ser valorados, celebrouse un sorteo en Los Ángeles no que asignaron aleatoriamente números para determinar a orde de avaliación. A iniciativa galega conseguiu o posto 742.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, achegouse ao concello coruñés de Aranga para asistir a unha das actividades do novo programa dinamizador da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), "Nadal en Rede".
Fonte: Código Cero
Arredor de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011).
Fonte: Levante-emv
Subscríbase ao boletín