O número de tanzanos que aprenden alemán aumentou de forma significativa. Unha das principais razóns deste aumento é que algúns dos estudantes pretenden conseguir oportunidades educativas no país europeo.
Fonte: All Africa
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O número de tanzanos que aprenden alemán aumentou de forma significativa. Unha das principais razóns deste aumento é que algúns dos estudantes pretenden conseguir oportunidades educativas no país europeo.
Fonte: All Africa
Co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura, o portal Appsencatalà.cat, permite localizar rápida e facilmente calquera aplicación móbil, obter información de calidade e acceder ao provedor virtual onde se pode adquirir ou descargar.
Polo menos un 10 % dos paraguaios deixou de usar o idioma guaraní para comunicarse nos últimos 10 anos, segundo datos aínda parciais proporcionados polo Censo 2012, que segue en proceso.
Fonte: Última Hora
Esta é unha das afirmacións que se inclúen no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011), elaborado pola Xarxa CRUSCAT do Instituto de Estudos Cataláns (IEC), por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que promove a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, celebra o seu primeiro Nadal ofrecéndolle á cidadanía interesantes actividades de promoción da lingua galega enmarcadas en dous programas de dinamización: FalaRedes e Nadal en Rede.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer a obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012, que nesta duodécima edición recaeu na obra Para que nos serve Galiza?, da autoría do chantadino Xaime Subiela Pérez.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na entrega do premio do Certame de Investigación Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o novo espectáculo “Brincabolechas. Circo de Nadal”, un musical infantil co que os seis irmáns Bolechas e o seu can, Chispa, dinamizarán a lingua galega entre as nenas e nenos de sete cidades e vilas galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Todos os grupos políticos do Concello de Tafalla, xunto a asociacións veciñais, centros educativos e outros colectivos representados na Comisión Municipal do Éuscaro, subscribiron o Decálogo Municipal no que apostan polo uso normalizado e o fomento do éuscaro na localidade.
Fonte: Noticias de Navarra
O goberno británico está planeando excluír o hebreo dunha lista de idiomas estranxeiros recoñecidos no sistema educativo nacional.
Fonte: Aurora-Israel
Subscríbase ao boletín