Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de agosto de 2012

    O Servizo de Éuscaro do Concello de Donostia ofrecerá cursos de éuscaro dirixidos especialmente aos profesionais do comercio e a hostalería, e que comezarán en outubro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    22 de agosto de 2012

    Aínda que a día de hoxe pode darse a batalla por resolta, aínda hai importantes colectivos que manteñen o termo en castelán. Ocorre, por exemplo, co Liceo Pueblense e con varios clubs deportivos, como os de fútbol e remo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    22 de agosto de 2012

    A Plataforma polo Uso do Valenciano en Elxe acusou o Concello desta localidade de marxinar a lingua autóctona en todos os sentidos. A plataforma, integrada por cinco colectivos, puxo en evidencia a política lingüística municipal e manifestou que, tanto no día a día, como na imaxe corporativa, a nivel institucional e toponimia, o actual equipo de goberno amosa unha falta de interese total por este tema.

    22 de agosto de 2012

    O popular xogo para dispositivos móbiles, con máis de dous millóns de usuarios en todo o planeta e dispoñible en doce linguas, entre elas o catalán e o éuscaro, podería ter versión en galego en breve, pois o fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega, segundo publicou a revista especializada Código Cero.

    Fonte: Praza Pública

    22 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais o Concello de Lobios, adherido á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), presentan nesta localidade ourensá o programa de cinema de verán e proxectan o filme Vilamor.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de agosto de 2012

    O Goberno de Taiwán lanzou unha advertencia cultural este verán: a lingua nativa falada nunha aldea de aborixes Rukai está en risco de desaparición. O executivo comezou a reunir rexistros que poden salvar este dialecto, ademais doutros oito, de ser invadidos polo chinés mandarín, dominante no país.

    Fonte: Voice of America

    21 de agosto de 2012

    Chinés mandarín, árabe e romanés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre deste ano no servizo de teletradución instalado pola Secretaría Xeral de Igualdade nos centros de información á muller, nas casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e nas entidades e ONG que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de agosto de 2012

    O portavoz de Política lingüística do BNG, Bieito Lobeira, presentou unha Proposición non de lei, a través da cal insta o Goberno galego a adoptar as medidas necesarias para solicitar a admisión de Galicia na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de agosto de 2012

    O trato do éuscaro na Volta a España deixou imaxes como a de varias vallas indicando a saída de Pamplona en lingua vasca coas palabras “hirico irteera”, en lugar de “hiriko irteera”.

    Fonte: Noticias de Navarra

    21 de agosto de 2012

    O Instituto Ramón Llull, organismo da Generalitat que ten como finalidade a “proxección exterior da lingua e cultura catalás”, repartiu un total de 1 496 486 euros de subvencións entre universidades de fóra de Cataluña para contribuír ao financiamento da docencia de estudos cataláns.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder