Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de agosto de 2012

    A nova lei lingüística de Ucraína amplía substancialmente o papel do ruso nos territorios onde sexa lingua nativa para, polo menos, o 10 % da poboación. Así, o ruso será oficial en 13 das 27 entidades territoriais, basicamente, as do sur e o este.

    Fonte: Rusia Hoy

    17 de agosto de 2012

    O director do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, Javier López Sánchez, advertiu que arredor de 64 variantes de linguas indíxenas están en alto risco de desaparición.

    Fonte: Vanguardia

    17 de agosto de 2012

    Traballadores do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia afirman que se dificultaron as tarefas de extinción na loita contra o lume no Barco de Valdeorras (Ourense) polas "deficiencias nas comunicacións" cos medios aéreos, xa que a estes traballadores non se lles pide a lingua galega como "requisito".

    Fonte: El Mundo

    17 de agosto de 2012

    O coñecemento do éuscaro viuse amplamente reforzado ao longo dos últimos anos, pero tamén avanzou notablemente o seu emprego, principalmente nos ámbitos formais.

    Fonte: Noticias de Álava

    17 de agosto de 2012

    Os voluntarios da entidade Joves de Mallorca per la Llengua levaron a cabo un acto reivindicativo fronte á Catedral de Palma que consistiu en informar os turistas cal é a lingua propia de Mallorca e a “situación precaria” que padece.

    Fonte: ABC

    17 de agosto de 2012

    De acordo coa última enquisa sociolingüística da Viceconsellería de Política Lingüística do Departamento de Cultura do Goberno vasco, o número de bilingües de 16 anos ou máis aumentou en 185 600 persoas entre 1991 e 2011. O crecemento foi tan importante que, na actualidade, o colectivo representa xa ao 27 % dentro desta franxa de idade.

    Fonte: Noticias de Álava

    14 de agosto de 2012

    O novo teléfono intelixente con sistema operativo en tibetano converteuse nun produto moi popular na rexión autónoma do Tíbet tras a súa entrada no mercado en xuño.

    Fonte: Spanish People

    14 de agosto de 2012

    Moncho Iglesias e Samar Sabat converteron unha antoloxía de 48 textos do palestino Mahmud Darwix no primeiro libro traducido directamente do árabe ao galego.

    Fonte: El País

    14 de agosto de 2012

    A Consellería de Educación, Formación e Emprego da Generalitat Valenciana vai crear, de cara ao próximo curso, a figura do English Helper ou asistente en clase de inglés na etapa de Educación Infantil. Neste sentido, Educación convocará 329 bolsas de auxiliares de conversación en inglés.

    Fonte: El Periodic

    14 de agosto de 2012

    O PPdeG anunciou que se une á campaña 'Twitter en galego', que busca promover o emprego desta lingua nas redes sociais atendendo especialmente ao uso entre os máis novos.

    Fonte: Galicia Hoxe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder