Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de agosto de 2012

    "Apalabrados" acábase de actualizar á versión 1.4.3 para engadir o idioma éuscaro, actualización de dicionarios e corrección de erros.

    Fonte: Eitb

    14 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (ICA Santiago) asinaron un convenio de colaboración en materia de dinamización lingüística, que ten como finalidade seguir impulsando conxuntamente o galego no ámbito xudicial durante 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de agosto de 2012

    O censo 2010 do Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística revelou que no país se falan 274 linguas indíxenas polo 37,4 % dos indios de máis de cinco anos.

    Fonte: Terra

    13 de agosto de 2012

    O Rexistro Público simplificou os procedementos para comezar un negocio en Xeorxia. Rexistrarse como empresario é agora posible en xeorxiano e inglés. Os empresarios e investidores estranxeiros, as organizacións internacionais, os empregados da embaixada e as entidades privadas teñen agora a oportunidade de obter información do Rexistro Público sen gastar diñeiro extra en traducións e autorizacións.

    13 de agosto de 2012

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, dá o seu apoio a 34 proxectos empresariais que impulsen o uso do catalán. Destes, 31 son do ámbito das novas tecnoloxías e os 3 restantes están relacionados co uso do catalán na atención ao público.

    Fonte: Gencat

    13 de agosto de 2012

    A Consellería de Educación de Castela-A Mancha investirá 751 209 euros de cara a que os alumnos dominen, como mínimo, unha lingua estranxeira, segundo informou a Junta en nota de prensa.

    Fonte: 20 minutos

    13 de agosto de 2012

    Good morning! Ese será o saúdo que todas as mañás escoitarán os alumnos ou alumnas da Universidade de Vigo que se aloxen neste novo curso na Casa Inglesa, unha iniciativa pioneira posta en marcha pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra para perfeccionar o nivel de inglés do estudantado grazas á convivencia con mozos de fala anglosaxoa.

    Fonte: Universidade de Vigo

    13 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais as deputacións adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) impulsan o novo programa de cinema de verán, que chegará durante este mes a 19 localidades galegas nas que se radican entidades pertencentes á RDL.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de agosto de 2012

    O Departamento de Educación, Universidades e Investigación do Goberno vasco convocou as axudas IKABIL para promover o éuscaro mediante o intercambio entre centros escolares pertencentes á Comunidade Autónoma vasca para o próximo curso 2012-2013.

    Fonte: Europa Press

    10 de agosto de 2012

    Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid elaboraron este dicionario que traduce máis de 700 termos informáticos como “web”, “portal”, “navegador” ou “protocolo” á lingua de signos española.

    Fonte: Computerworld

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder