Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de agosto de 2012

    En México, só o 6,6 % da poboación de tres ou máis anos fala unha lingua indíxena, pero a tendencia estase a perder coas novas xeracións. Máis da metade das linguas indíxenas están moribundas ou tenden a desaparecer porque os maiores xa non llela ensinan ás novas xeracións.

    Fonte: Noticieros Televisa

    08 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación de obras de Neira Vilas na Feira do Libro da Coruña.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de agosto de 2012

    O portugués é, a partir de agora, unha das catro linguas de traballo da Asociación dos Comités Nacionais Olímpicos de África (ACNOA), segundo acordou o organismo en asemblea extraordinaria.

    Fonte: Agência Angola Press

    07 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Rodríguez, presentaron na cidade do Lérez Redecinema, no marco da que chegará o filme Vilamor a concellos pontevedreses pertencentes á RDL.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de agosto de 2012

    Os actos que compoñen a Semana da Lingua das Illas Cook destacan a importancia das linguas indíxenas e a educación bilingüe en Nova Zelandia.

    Fonte: Pacific Scoop

    07 de agosto de 2012

    Os concelleiros e funcionarios do Concello de Motril realizarán un curso para aprender a lingua de signos co obxectivo de mellorar a comunicación co colectivo de persoas xordas do municipio.

    Fonte: Granada Hoy

    07 de agosto de 2012

    O romanés posicionouse como o primeiro idioma máis solicitado nos xulgados da Comunidade de Madrid cun 28,29 por cento da demanda total de idiomas durante o primeiro semestre de 2012.

    Fonte: Europa Press

    06 de agosto de 2012

    Cinco estudantes irlandeses gañaron o premio á mellor compañía europea do ano cunha aplicación para teléfonos intelixentes que axuda a ensinar a lingua de signos.

    Fonte: Irish Times

    06 de agosto de 2012

    Os partidarios da lei din que ter unha lingua oficial aumentaría a unidade e a claridade nacional e aforraría diñeiro.

    Fonte: East Valley Tribune

    06 de agosto de 2012

    Os indíxenas guatemaltecos kakchiquel terán acceso á rede social Facebook na súa lingua autóctona grazas a unha aplicación desenvolvida por enxeñeiros informáticos estadounidenses.

    Fonte: Terra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder