Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de agosto de 2012

    A nova Lei de linguas de Aragón recollerá e protexerá a pluralidade lingüística da comunidade en dúas zonas concretas –Pireneos e área oriental-, pero elimina do documento a normalización do uso do catalán.

    Fonte: El Correo

    01 de agosto de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no Carballiño na celebración da IV edición da Festa da Palabra na que foi homenaxeado o escritor Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer públicos, mediante resolucións, os resultados provisionais das probas de obtención da Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) nos seus catro niveis.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de xullo de 2012

    En México só existen catro estados con áreas específicas para a atención de grupos étnicos (Hidalgo, Oaxaca, Chiapas e Veracruz). Este ultimo destaca por se o primeiro cun catálogo de linguas indíxenas e as súas variantes lingüísticas.

    Fonte: El Universal

    31 de xullo de 2012

    O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, anunciou que a institución se fixou como prioridade a súa expansión en Estados Unidos, coa apertura de centros en Miami e Washington, consciente de que nos próximos anos “se xoga a función do español como segunda lingua” nese país.

    Fonte: RTVE

    31 de xullo de 2012

    A conselleira asturiana de Educación, Cultura e Deporte, Ana González Rodríguez, propuxo a posibilidade de que o Principado “recoñeza o profesorado de lingua asturiana" como unha figura específica dentro do ámbito docente.

    Fonte: 20 minutos

    31 de xullo de 2012

    O catalán e o valenciano son o mesmo. Ou, polo menos, sono para o Tribunal Supremo, quen recoñeceu a unidade da lingua e a equivalencia entre as denominacións de catalán e valenciano.

    Fonte: ABC

    30 de xullo de 2012

    A Real Academia Galega participou, representada polo seu presidente, no acto que o Concello de Vigo organizou no Pazo de Castrelos con motivo do Día Nacional de Galicia.

    Fonte: Real Academia Galega

    30 de xullo de 2012

    A medida que os distritos escolares dos Estados Unidos comezan ou expanden os programas de inmersión nos que os estudantes aprenden inglés e español, hai unha maior necesidade de profesores cualificados. A Universidade de California en Riverside e o distrito escolar unificado de Jurupa colaboran na celebración de clases de preparación para o certificado de desenvolvemento académico intercultural bilingüe para profesores.

    30 de xullo de 2012

    O Parlamento ucraíno rexeitou as propostas da oposición que pretendían emendar a lei de linguas que daría ao ruso o status de lingua oficial nas rexións do país de fala maioritaria rusa.

    Fonte: Radio Free Europe

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder