Os directores do Instituto Cervantes em Chicago (Estados Unidos), Ignacio Olmos, e em Río de Xaneiro (Brazil), Antonio Martínez, reivindicaron o idioma español como a primeira lingua internacional e culta.
Fonte: ABC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os directores do Instituto Cervantes em Chicago (Estados Unidos), Ignacio Olmos, e em Río de Xaneiro (Brazil), Antonio Martínez, reivindicaron o idioma español como a primeira lingua internacional e culta.
Fonte: ABC
O partido Conceyu Abiertu por Noreña presentará ante o pleno municipal da vila unha proposta de ordenanza para o uso da lingua asturiana no concello.
Fonte: La Nueva España
A Consellería de Educación Valenciana esixirá, a partir do curso 2013-2014, un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do Marco Común Europeo das Linguas, tanto aos docentes de Infantil e Primaria como aos de Secundaria, para impartir materias noutros idiomas como o inglés.
Fonte: Europa Press
Galician Songs. Ese será o título da tradución ao inglés de Cantares Gallegos que verá a luz a finais deste ano da man da Editorial Small Station Press. A poeta e tradutora canadense Erín Moure (Canadá, 1955) é a responsable da versión anglosaxona do histórico poemario de Rosalía, cuxa publicación cumprirá 150 anos o próximo 2013.
Fonte: Praza Pública
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de presentar unha nova edición da campaña de dinamización lingüística no sector hostaleiro, “Xantar Compostela”, que se desenvolverá nos máis de 1500 establecementos de restauración e hospedaxe integrados na Asociación Hostelería Compostela e localizados en máis de 50 concellos.
Fonte: Xunta de Galicia
O proxecto GalApps lanza un conxunto de aplicacións da lingua galega para o móbil, entre as que se encontran o dicionario da Real Academia Galega.
Fonte: Real Acedemia Galega
California contaba no pasado con máis de 90 linguas e 300 dialectos nativos americanos, o que o convertía no estado con máis diversidade lingüística dos Estados Unidos. Hogano, só a metade desas linguas seguen vivas, Segundo os Defensores da Supervivencia das Linguas Indíxenas de California.
Fonte: SF Gate
Mellorar os esforzos prácticos por manter os dereitos lingüísticos de millóns de falantes de tamil en Sri Lanka pode xogar un papel fundamental no proceso de paz e reconciliación indefinida no país, segundo os analistas e activistas.
Fonte: Irinnews
O Instituto Navarro de Promoción de Estudos Sociais IPES Elkartea volverá organizar o próximo mes de agosto os seus talleres infantís en éuscaro, co fin de que rapaces que estudaron no mínimo un curso no modelo D reforcen o idioma no verán mentres se divirten.
Fonte: 20 minutos
A cuarta edición do ciclo teatral ‘Cancienes a escena’, que se celebra no centro social de Cancienes, reafirma os seus contidos en lingua asturiana para a edición deste ano.
Fonte: El Comercio
Subscríbase ao boletín