Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de xullo de 2012

    A páxina web de éuscaro da páxina web municipal (www.ermua.es) ofrece servizos gratuítos para toda a poboación que os necesite. Con eles pódese desde traducir un texto en éuscaro ata aprender o idioma en liña, coñecer ofertas de emprego e as actividades que se desenvolven en éuscaro no municipio.

    Fonte: El Correo

    19 de xullo de 2012

    O Consello Asesor do Éuscaro aprobou o novo plan de acción para a promoción da lingua vasca, dotado de 330 accións, cuxo obxectivo principal é fortalecer o seu uso entre a cidadanía.

    Fonte: ABC

    19 de xullo de 2012

    "Lingua galega: o orgullo e a supervivencia" ("Galician Language: Pride and Survival") é un documental de dez minutos pensado para dar a coñecer a situación da lingua galega na actualidade contando, mesmo, con experiencias do pasado.

    Fonte: Sermos Galiza

    19 de xullo de 2012

    A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo ten aberto o prazo de matrícula para os cursos de lingua galega que se impartirán no comezo do vindeiro curso 2012-2013. Ata o día 7 de setembro, poderase formalizar a inscrición nos seis programas formativos que abranguerán ademais do idioma, o eido da cultura, a normalización ou as habilidades comunicativas.

    Fonte: DUVI

    19 de xullo de 2012

    Atender as necesidades concretas dos ámbitos directamente relacionados co turismo é a finalidade dunha serie de vocabularios galego-italiano que edita o Servizo de Publicacións da USC.

    Fonte: USC

    18 de xullo de 2012

    HTC anunciou recentemente un apoio total a tres linguas indias (hindi, támil e maratí) dado que todos os teléfonos intelixentes HTC a partir da liña de 2012 presentarán estas linguas.

    Fonte: Gigjets

    18 de xullo de 2012

    Un total de 64 dos 364 dialectos indíxenas de México están en “alto risco" de desaparecer, quedando menos de 100 falantes de cada una delas.

    Fonte: Informador

    18 de xullo de 2012

    A xunta de voceiros do Parlamento de Cataluña aprobou unha declaración na que defende a unidade do catalán e denuncia as “denominacións impropias que, ao seu ver, contraveñen os principios científicos e académicos” que impulsan os gobernos de Aragón e as Illas Baleares.

    Fonte: Levante-emv

    18 de xullo de 2012

    Unha páxina web favorecerá un mellor coñecemento por parte das persoas xordas da Constitución Español, ao mostrar todo o seu contido nas linguas de signos española e catalá, e incorporar tamén a versión en castelán deste documento.

    Fonte: La Información

    17 de xullo de 2012

    Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas.

    Fonte: CTNL

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder