Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xullo de 2012

    Trinta e seis aspirantes presentáronse ás entrevistas persoais do proceso de selección de profesores-lectores para seis dos 29 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas no exterior. A Consellería de Cultura e Educación renova por medio desta convocatoria seis dos 29 lectorados universitarios cos que conta a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de xullo de 2012

    Unha enquisa sociolingüística encargada polo Goberno vasco pon de manifesto que en 20 anos o número de persoas bilingües maiores de 16 anos creceu en 185.600 novos euskaldúns ata representar un 27% da poboación total da Comunidade Autónoma Vasca, Comunidade Foral de Navarra e Iparralde.

    Fonte: Noticias de Navarra

    17 de xullo de 2012

    O 28% das ofertas de emprego que se barallan no mercado laboral na actualidade esixen o coñecemento dunha lingua estranxeira, o que supón unha subida do 1,3% con respecto a 2010.

    Fonte: Europa Press

    17 de xullo de 2012

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) aprobou un convenio de colaboración co Instituto Ramón Llull para a promoción da lingua e a cultura valencianas a través de tres lectorados en universidades europeas.

    Fonte: 20 minutos

    17 de xullo de 2012

    A Xunta segue sen ofrecer clases nos institutos a pesar do aumento da demanda nos últimos anos e da proximidade lingüística co galego.

    Fonte: El País

    17 de xullo de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resaltou a universalidade da poesía desta autora e sinalou a necesidade de transmitir o esencial da súa obra.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de xullo de 2012

    Nun intento de abrir as universidades italianas a estudantes locais e internacionais, o Ministerio de Educación italiano presentou a primeira páxina web bilingüe que ofrece un listado de todos os cursos universitarios dispoñibles no país.

    Fonte: New York Times

    16 de xullo de 2012

    Os participantes en Dyfodol i’r Iaith (Un futuro para a lingua) din que exercerán presión para garantir o seu lugar no “corazón da vida civil e comunitaria de Gales”. Tamén aseguran que utilizarán medios constitucionais para influír na política e lexislación pública para “promover e cultivar” a lingua.

    Fonte: BBC

    16 de xullo de 2012

    Un ano máis, o inglés se reafirma como o idioma máis demandado polas empresas en España. A lingua que domina a lingua dos negocios mantense como requisito imprescindible en máis dun 86% das ofertas de emprego cualificado.

    Fonte: Finanzas

    16 de xullo de 2012

    A Viceconsellería de Política Lingüística e Euskarabidea, o Instituto Navarro do Éuscaro, acordaron subscribir un convenio de colaboración para promover o éuscaro conxuntamente. Este acordo histórico establece a cooperación técnica en nove ámbitos e garante a colaboración en materia lingüística entre ambos gobernos.

    Fonte: Euskara

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder