Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xullo de 2012

    O Executivo foral navarro e o Goberno vasco subscribiron un convenio específico de colaboración en materia de éuscaro, que establece a cooperación técnica en nove ámbitos relacionados coa protección e o desenvolvemento desta lingua, así como coa investigación, documentación e intercambio de coñecementos e información.

    Fonte: 20 minutos

    09 de xullo de 2012

    Arxentina quedou no posto 16 de 44 nunha clasificación a nivel mundial e superou a México, España e Chile, segundo un estudo privado sobre nivel de inglés. Os arxentinos que falan inglés caracterízanse pola súa boa pronunciación e entoación.

    Fonte: El Tribuno

    09 de xullo de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Ribadavia ao acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros, promovido polo Foro Enrique Peinador.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xullo de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, fixeron entrega dos premios de Lingua de namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou a XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que se están a desenvolver na Universidade de Santiago de Compostela (USC) ata o vindeiro 27 de xullo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xullo de 2012

    O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE) puxo en marcha unha nova páxina web a través da que se ofrecen máis recursos sobre esta lingua como unha biblioteca virtual, ademais de tratar de dar solución ás necesidades e demandas dos usuarios, profesionais, investigadores e representantes da Administración en materia de ensino, difusión e uso da lingua.

    Fonte: Aprendemas

    09 de xullo de 2012

    O Goberno aprobou o programa para impulsar a Lei do occitano, aranés en Arán, que substitúe o anterior programa para a promoción do occitano. O programa ten como obxectivo impulsar a Lei do occitano, aranés en Arán, e dá continuidade ás políticas da Generalitat de fomento e difusión do occitano aranés.

    06 de xullo de 2012

    Un coloquio internacional sobre a lingua portuguesa nas institucións internacionais recomendou o incremento do proceso de ensino e aprendizaxe desta lingua, co obxectivo de impulsar a súa competencia como lingua estranxeira.

    Fonte: Angop

    06 de xullo de 2012

    Mam é unha lingua maia falada en Guatemala e México por aproximadamente 500.000 persoas. O Ministerio de Educación de Guatemala e o Programa Mundial de Alimentos formaron nesta lingua a máis de 300 profesores de escolas bilingües, para usar os libros de texto en Mam entre os estudantes para promover a igualdade de xénero, a seguridade alimentaria e a nutrición, entre outras cuestións.

    Fonte: Trust

    06 de xullo de 2012

    A Consellería de Educación, Formación e Emprego porá en marcha durante o curso 2012-2013 un novo Plan de formación lingüístico-didáctica de linguas dirixido ao persoal docente non universitario, que prevé impartir clases de inglés en todas as Escolas Oficiais de Idiomas a 3000 profesores da Comunidade Valenciana.

    Fonte: La Plana Al Día

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder