Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xullo de 2012

    Co obxectivo de manter as súas tradicións, entre elas a súa lingua, os membros da etnia chortí, albergada no occidente de Honduras, solicitarán ás autoridades de Educación que se elaboren textos de estudo no dialecto chortí.

    Fonte: La Prensa

    04 de xullo de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou co presidente da Fundación A Rosaleda, Xerardo Fernández Albor, un convenio de colaboración para a realización dun programa de actuacións en materia de dinamización lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de xullo de 2012

    A produción de libros editados en valenciano aumentou en 2011 un 8,5 % e en éuscaro un 1,4 % con respecto a 2010, mentres que nas linguas catalá e galega se produciu un descenso do 6,7 % e do 10,2 %, respectivamente.

    Fonte: ABC

    04 de xullo de 2012

    O PP quere que os fillos dos policías e gardas civís trasladados a unha comunidade autónoma con lingua cooficial, como Cataluña, Galicia ou o País Vasco, queden tamén exentos de examinarse desta, se o traslado é inferior a tres anos.

    Fonte: ABC

    03 de xullo de 2012

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convocan a terceira edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.

    Fonte: Universidade da Coruña

    03 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Universidade da Coruña colaboran na organización do V Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, en cuxa inauguración participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que se celebrará entre os días 2 e 7 de xullo na capital herculina.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de xullo de 2012

    O Instituto King Sejong de Paquistán establecerase na Universidade Nacional de Linguas Modernas para impartir coreano no seu campus principal. O instituto será particularmente útil para que os traballadores consigan emprego en Corea, ademais de introducir novos coñecementos e oportunidade para os estudantes paquistanís.

    Fonte: Tribune

    03 de xullo de 2012

    Os estudantes de institutos públicos de Filipinas xa poden aprender mandarín como parte do programa especial en lingua estranxeira do departamento educativo. Ademais do mandarín, os estudantes de institutos públicos poden elixir xaponés, francés, alemán ou español.

    Fonte: Channelnewasia

    03 de xullo de 2012

    Google puxo en marcha o proxecto de linguas en perigo de extinción e dentro do estado español inclúe tres linguas: o aragonés, o asturiano e a lingua de signos catalá. Google sinala a primeira destas como a que se atopa nunha situación máis vulnerable.

    Fonte: Asturnews

    02 de xullo de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, entregou os premios da VIII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, convocados o pasado mes de marzo pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas en colaboración coa Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder