Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xullo de 2012

    O novo líder de Hong Kong, Leung Chun-ying, creou polémica tan só minutos despois de xurar o cargo ao dar o seu discurso inaugural en mandarín en lugar de no dialecto local, o cantonés, falado pola maioría da poboación da cidade.

    Fonte: China Real Time Report

    02 de xullo de 2012

    Formar profesionais que dominen idiomas estranxeiros para atender turistas, empresarios, xornalistas, deportistas e representantes de delegacións internacionais durante o Mundial de Fútbol de 2014 e as Olimpíadas de 2016 é un desafío. Non hai datos oficiais dispoñibles que confirmen o déficit de persoas que falan inglés en Brasil, pero os estranxeiros que viven no país confirman que teñen certa dificultade para comunicarse.

    Fonte: CenárioMT

    02 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura e Educación enche o tempo de lecer con “FalaRedes” nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da man da actividade "Galego de cine".

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de xullo de 2012

    Unha nova aplicación para móbiles intelixentes, desenvolvida pola Fundación Elhuyar, permitirá aprender o “vocabulario básico” do éuscaro e poderase empregar a partir do castelán, o inglés e o francés.

    Fonte: Noticias de Navarra

    02 de xullo de 2012

    O pleno do Concello de Zaragoza aprobou unha moción pola que piden ao Goberno de Aragón o cumprimento de todas as previsións contidas na Lei de linguas de 2009 e rexeita calquera modificación legal que supoña un recorte dos dereitos lingüísticos dos aragoneses no uso do aragonés e o catalán.

    Fonte: El Correo

    29 de xuño de 2012

    O Goberno catalán manterá o curso que vén o modelo lingüístico vixente, pese a que o Tribunal Supremo (TS), nunha sentenza, impón tamén o castelán como lingua vehicular no segundo ciclo de educación infantil en Cataluña, igual que o catalán.

    Fonte: Diario de Cádiz

    29 de xuño de 2012

    O diario The New York Times estreou unha nova páxina de noticias en chinés coa que espera gañar aínda máis presenza internacional. A empresa editora pretende facerse un oco entre a crecente clase media en China e gañar a confianza dos lectores “educados, adiñeirados e cidadáns globais” que viven no país asiático.

    Fonte: El País

    29 de xuño de 2012

    A Comisión de Cultura rexeitou unha proposición non de lei na que se pedía que o coñecemento da lingua oficial en determinadas zonas non sexa só un mérito para acceder á función xurisdicional senón un requisito.

    Fonte: El Correo

    28 de xuño de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á entrega do premio Lois Peña Novo que nesta edición recoñeceu o Dicionario Xurídico Galego, cuxa edición é promovida pola Consellería en colaboración coa Revista Xurídica Galega (Rexurga), nun acto que se desenvolveu no Castelo de Soutomaior, en Pontevedra. Así mesmo, resultaron galardoados Luís Villares, maxistrado de Lugo, e o policía local de Redondela Gonzalo Amoedo.

    28 de xuño de 2012

    A consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad presentou en Boiro o programa de actividades “FalaRedes”, destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder