Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xullo de 2012

    A partir do próximo curso, a Universidade das Palmas de Gran Canaria incorpora ao Grao de Linguas Modernas un segundo itinerario inglés-chinés, no que a segunda lingua estranxeira é o chinés.

    Fonte: Canarias 7

    05 de xullo de 2012

    O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, Gilvan de Oliveira, defendeu, nun coloquio sobre a presenza do portugués nas organizacións internacionais celebrado en Angola, unha xestión conxunta pero intensa das accións de promoción desta lingua.

    Fonte: África 21 Digital

    05 de xullo de 2012

    Un chamamento en liña declarou que o mundo francófono debe defender rotundamente a lingua de Molière e abandonar a súa “obsesión" co inglés. Os autores desta petición instaron a unha “estratexia” para reforzar o uso do francés así como dos lazos que unen os falantes de francés, e crear un mundo francófono que poida imaxinar con seguridade o seu futuro nun mundo multipolar.

    05 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo titular de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na rolda de prensa de presentación da VI edición do Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xullo de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou a última obra do teólogo Xosé Chao Rego, Por aquí chégase a Galicia, editada por tresCtres Editores (3C3), en colaboración coa consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais co Grupo España Exterior.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xullo de 2012

    Os visitantes que falen chinés, ruso ou portugués poderán recibir información das oficinas turísticas de Mallorca no seu idioma. A partir do próximo día 1 de agosto será factible porque a empresa que xestionará as oficinas de información turística incluíu como “mellora” a dispoñibilidade permanente de tradutores nos anteriores idiomas.

    Fonte: Diario de Mallorca

    05 de xullo de 2012

    No marco das accións de fomento de uso do catalán no ámbito empresarial, a Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura subvenciona 34 proxectos este ano. Destes, 31 servirán para promover produtos e servizos como por exemplo aplicacións para móbil e tabletas, software de xestión empresarial, iniciativas de difusión de produtos tecnolóxicos en catalán e xogos e videoxogos en catalán. Ademais, tamén se subvencionaron tres proxectos relacionados co uso da lingua catalá na atención ao público.

    04 de xullo de 2012

    O parlamento ucraíno aprobou inesperadamente un proxecto de lei polo que se reafirma o estatus da lingua ucraína como a única lingua nacional do país, pero que permite a gobernos locais e rexionais dar o estatus de lingua oficial ao ruso e a outras linguas faladas, polo menos, por un dez por cento dos seus residentes.

    Fonte: New York Times

    04 de xullo de 2012

    Le grand dictionnaire terminologique (GDT), produto da Oficina Quebequesa da Lingua Francesa (Office Québécois de la Langue Française), incorporou o galego á súa base de datos. Este dicionario terminolóxico conta con trinta e cinco anos de historia ás costas e está dispoñible en liña, de forma gratuíta, ofrecendo millóns de termos en máis de 700 000 fichas.

    Fonte: O Cartafol Dixital

    04 de xullo de 2012

    A edición en galego decreceu no 2011 en 206 títulos, contra a tendencia global de aumento de títulos e baixada nas tiraxes.

    Fonte: El Correo Gallego

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder