Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de xuño de 2012

    Segundo un estudo europeo, os alumnos ingleses son os que mostran un peor nivel de linguas estranxeiras en Europa. O ministro británico de Educación, Nick Gibb, comentou a este respecto que "para Inglaterra, unha nación de intercambios comerciais internacionais, o feito de ser os últimos no dominio das linguas estranxeiras é perigoso desde o punto vista económico e social".

    Fonte: The Telegraph

    26 de xuño de 2012

    O tradutor automático castelán-éuscaro presentado o pasado 28 de febreiro pola Viceconsellería de Política Lingüística do Departamento de Cultura do Goberno vasco traduciu máis de 912 000 documentos e máis de 61,13 millóns de frases desde a súa posta en marcha.

    Fonte: Europa Press

    26 de xuño de 2012

    O Consello Valenciano de Cultura (CVC) considera que a "falta de investimento en determinados instrumentos culturais pode implicar a desaparición dun ben cultural patrimonial como o valenciano".

    Fonte: Levante-EMV

    26 de xuño de 2012

    O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia, co motivo do inicio da campaña de rebaixas, porá a disposición do comercio galego diferentes soportes dixitais en lingua galega para a devandita campaña.

    Fonte: CEG

    26 de xuño de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no encontro “Economía e identidade”, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Deputación de Ourense. A iniciativa enmárcase na campaña “Empresas con identidade galega", que ten por finalidade dinamizar o uso da lingua galega no ámbito empresarial.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2012

    A media europea é de 25 % e Portugal fica por debaixo deste valor: só un 13 % dos portugueses fala correctamente dúas linguas estranxeiras, unha diferenza de dez puntos porcentuais fronte á anterior avaliación en 2006.

    Fonte: Público

    25 de xuño de 2012

    A principal asociación inuit de Canadá prepara un plan para unificar a lingua escrita inuktitut co fin de que poida ensinarse nas escolas. Porén, algunhas voces críticas temen que poidan perderse algúns dialectos.

    Fonte: Nationalia

    25 de xuño de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na actividade “Galego de cine”, programada no marco de “FalaRedes”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de xuño de 2012

    Estableceuse usar como criterio xeral o éuscaro en calquera documento, comunicación ou elemento creado pola Universidade do País Vasco. Así, garántese a presenza desta lingua nas diferentes áreas existentes como atención ao alumno, rotulación, relación de traballo, contratacións administrativas ou actos organizados pola propia Universidade.

    Fonte: El Economista

    25 de xuño de 2012

    O Goberno vasco traduciu e editou en éuscaro un manual da ONU para orientar as persoas que contribúen a promover, protexer e defender os dereitos humanos.

    Fonte: Europa Press

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder