O español é a segunda lingua materna do mundo, tras o chinés mandarín; a segunda lingua de comunicación internacional, tamén na rede, tras o inglés; e a segunda lingua adquirida nos países de lingua non inglesa.
Fonte: El Referente
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O español é a segunda lingua materna do mundo, tras o chinés mandarín; a segunda lingua de comunicación internacional, tamén na rede, tras o inglés; e a segunda lingua adquirida nos países de lingua non inglesa.
Fonte: El Referente
A voceira municipal e presidenta do PP en Xixón, Pilar Fernández Pardo, apostou por pór en valor todo o que atinxe á lingua e cultura asturianas, como impulsor dunha industria cultural asturiana capaz de transformar a este sector nun motor de desenvolvemento económico e social, que xere ingresos á rexión.
Fonte: 20 minutos
A conselleira de Educación, Universidade, Cultura e Deporte do Goberno de Aragón, Dolores Serrat, manifestou que o borrador do anteproxecto de Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón, ou lei de linguas, suprime “o carácter impositivo” da anterior e “pon énfase” na promoción, protección e conservación destas.
Fonte: 20 minutos
A pesar de que os afroamericanos están habituados a enfrontar todo tipo de desafíos no mercado laboral, un novo obstáculo está agora emerxendo: nalgunhas áreas, os traballadores negros non se consideran cualificados para os empregos porque non son bilingües. En áreas como Texas e Florida, onde a poboación falante de español é grande, prefírense os traballadores bilingües.
Fonte: Atlanta Black Star
Desde o 2007, o portugués é unha das linguas oficiais de Guinea Ecuatorial, xunto ao español e o francés. Desde entón, o país manifestou a súa intención de incorporarse á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Hablemos de Guinea
A Consellería de Educación, Cultura e Deportes convocou as axudas para o perfeccionamento de idiomas estranxeiros para mestres e profesores de Castela-A Mancha.
Fonte: ABC
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación de Madeira de gañador, a obra gañadora do I Premio de Teatro Varela Buxán.
Fonte: Xunta de Galicia
O certame Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, no marco do programa de dinamización lingüística homónimo, xa ten gañadores.
Fonte: Xunta de Galicia
GalegoLab, a plataforma dixital de iniciativas colectivas para promover o galego, pon en marcha LEGA (Lecer Galego), proxecto dirixido a achegarlle á sociedade recursos lúdicos dixitais.
Fonte: Código Cero
A presidenta da Asociación de Mestres de Porto Rico, Aida Díaz, dixo que a organización que encabeza está en contra do plan que pretende implantar o Executivo polo que o inglés substituirá, en parte, ao español como lingua do sistema educativo da illa caribeña.
Fonte: La Información
Subscríbase ao boletín