O Concello de Getxo (Biscaia) aprobou a concesión de 16 920 euros a diversas entidades e clubs deportivos do municipio na convocatoria anual para o fomento do éuscaro de nenos e nenas nas actividades deportivas habituais.
Fonte: El Economista
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Getxo (Biscaia) aprobou a concesión de 16 920 euros a diversas entidades e clubs deportivos do municipio na convocatoria anual para o fomento do éuscaro de nenos e nenas nas actividades deportivas habituais.
Fonte: El Economista
Dous representantes de organizacións de profesores de Baleares denunciaron ante o intergrupo de minorías do Parlamento Europeo (PE) o "acoso institucional” do Goberno das Illas Baleares ao catalán.
Fonte: Diario de Mallorca
Cilenis vén de lanzar á tenda Android un conxugador de español e un de portugués, que se poden descargar de balde para usar os dous idiomas con propiedade e corrección.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a lle render homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas a través da exposición itinerante ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.
Fonte: Xunta de Galicia
O primeiro ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, declarou que os colexios do país poderán ensinar a lingua kurda por primeira vez.
Fonte: BBC Mundo
O español desprazou o francés e o alemán como segunda lingua no ensino na maior parte do continente europeo, segundo amosan as conclusións do proxecto da Fundación Telefónica sobre El valor económico del español publicado por Ariel.
Fonte: Europa Press
A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno Vasco presentou os resultados do estudo realizado no ano 2011, que indican o nivel de multilingüismo existente en distintos ámbitos da Comunidade Autónoma do País Vasco.
Fonte: Euskadi.net
A obra, realizada polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e publicada por 2.0 Editora, ten máis de vinte mil entradas e foi construída a partir dun corpus de traducións orixinal, sen pasar por outros dicionarios.
Fonte: Praza Pública
A vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Mesa pola Normalización Lingüística acaban de asinar un convenio para a posta en marcha de diversas actividades destinadas a promover o uso do galego entre a poboación en xeral, pero de forma especial entre os mozos.
Fonte: El Progreso
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achégalles a vida e obra de Valentín Paz-Andrade aos galegos a través da mostra itinerante que ata o día 15 de xuño poderá ser visitada no IES Gregorio Fernández.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín