Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2012

    Un 87 por cento dos pais escolleu o catalán como primeira opción de lingua para os seus fillos no próximo curso escolar en Baleares, fronte ao 13 por cento que escolleu o castelán.

    Fonte: Europa Press

    07 de xuño de 2012

    Sermos Galiza, novo medio dixital en galego, está a piques de chegar aos quioscos. Cada venres desde o día 8 de xuño sairá un novo número deste semanario.

    Fonte: Código Cero

    06 de xuño de 2012

    O presidente de Iniciativa polo Asturiano, Inaciu Galán, presentou ante a Real Academia Española (RAE) un informe destinado a redefinir o termo ‘asturiano’ no dicionario, no que actualmente figura como un dialecto e non coma unha lingua.

    Fonte: El Comercio

    06 de xuño de 2012

    O programa NEL (Nik ere Euskaraz Lanean) nace co obxectivo de que os profesionais da hostalaría e o comercio de Tolosa se familiaricen co vocabulario e expresións básicas do seu sector en éuscaro a través de clases prácticas para que a relación laboral cos seus clientes sexa máis fluída no día a día.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de xuño de 2012

    A Biblioteca Pública de Zulia iniciou o curso de wayuunaiki co historiador Román Fernández para a promoción desta lingua ancestral entre a cidadanía.

    Fonte: La Verdad

    06 de xuño de 2012

    O Parlamento da Ucraína aprobou a lei que dá un estatus cooficial ás linguas minoritarias do país nas rexións onde as falan polo menos o 10 % dos seus habitantes, mentres miles de cidadáns se manifestan nas rúas a favor e en contra da medida.

    Fonte: ABC

    06 de xuño de 2012

    Os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, asistiron á sesión extraordinaria pública celebrada pola Real Academia Galega para recibir como académico numerario a D. Xosé Luís Regueira Fernández.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación da convocatoria dirixida ás empresas galegas do eido cultural cara á súa participación en Culturgal 2012, a feira galega das industrias do sector que se celebrará en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    O goberno jammu e caxemirés decidiu recomendar que o gojri –falado por unhas vinte mil persoas das tribos guijars e bakkarwals no estado– sexa recoñecido como lingua oficial ao incluílo na Constitución.

    Fonte: India NY Daily News

    05 de xuño de 2012

    Cabo Verde quere contribuír a ter o portugués como lingua oficial na rede de parlamentos de todo o mundo, segundo o deputado José Sanches.

    Fonte: África Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder