Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de xuño de 2012

    A organización Man a Man: Cultura Mexicana sen Fronteiras e a Alianza de Linguaxes en Perigo de Extinción buscaron concienciar no Museo de El Barrio os cidadáns de Nova York sobre a diversidade de linguas que se falan en México.

    Fonte: Radio Fórmula

    11 de xuño de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a representante da Axencia Europa Press, Rita Penedo, asinaron un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega nas súas noticias e comunicacións mantendo o caudal informativo do 100 % en lingua galega, así como nos webs www.europapress.es/galego e www.europapress.es/galicia e nas redes sociais.

    11 de xuño de 2012

    O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolveu dende o mes de marzo un total de 120 actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto de entrega de premios do certame de redacción e investigación histórica "Falemos da nosa historia", organizado polo equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro, en colaboración coa Universidade de Santiago.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de xuño de 2012

    O Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil está elaborando un plan de capacitación en idioma chinés para os seus diplomáticos, segundo o que cinco mozos diplomáticos que acaban de ser asignados serán enviados a estudar durante seis meses na Universidade de Lingua e Cultura de Pequín.

    Fonte: Spanish People Daily

    08 de xuño de 2012

    O Consello da Cultura Galega presentou un volume de Os papés d'emprenta condenada que recolle unha serie de artigos para comprender os inicios da prensa e da escrita en galego no século XIX.

    Fonte: Culturagalega.org

    08 de xuño de 2012

    España é o único país, dun total de 18 países europeos analizados, que ofrece aprendizaxe a idade temperá para todo tipo de idiomas e destaca por ofrecer, xunto a Dinamarca e Suíza, formación a nenos moi pequenos para o mantemento e desenvolvemento das súas linguas e culturas de orixe.

    Fonte: Europa Press

    08 de xuño de 2012

    A iniciativa, apoiada pola Asemblea Cultural Galega de Barcelona, creouse coa idea de que cada mes, ou cada mes e medio, se xunten na cidade condal as distintas familias que queren gozar de actos lúdicos en galego e lograr que os rapaces interactúen e xoguen con outros nenos nesta lingua.

    Fonte: La Voz de Galicia

    07 de xuño de 2012

    Un centro nacional para a promoción da lingua e a cultura chinesas foi aprobado polo Goberno chinés e será instalado na Universidade Strathclyde. O Instituto Confucio para as Escolas de Escocia ofrecerá apoio aos colexios de Escocia sobre o ensino da lingua e a cultura chinesas.

    Fonte: STV

    07 de xuño de 2012

    As entidades Plataforma pola Lingua (Plataforma per la Llengua) e Consumo Catalán (Consum Català) recibiron un total de 1117 queixas de consumidores que detectaron déficits de uso do catalán en 2011, unha media de tres ao día, a maioría delas por non etiquetar os produtos en catalán e por falta de dispoñibilidade lingüística.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder