Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de xuño de 2012

    O inglés deixou de ter o monopolio das linguas estranxeiras. Os últimos anos, o chinés, o ruso, o árabe e o portugués gañaron terreo ante as posibilidades laborais que abren.

    Fonte: Economía Digital

    05 de xuño de 2012

    Unha vintena de mallorquinos de adopción asinaron un manifesto a favor da lingua propia das Illas Baleares, e presentaron o escrito no rexistro de entrada do Parlamento, dirixido a todos os grupos políticos.

    Fonte: Mallorca Confidencial

    05 de xuño de 2012

    O mes de xuño iníciase cargado de actividades de promoción do idioma da man de FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que está a percorrer os concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    As probas para obter a Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron a pasada fin de semana cun total de 3893 persoas matriculadas en Galicia e no resto de España.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2012

    Xa está dispoñible para a súa descarga para Windows, Mac OS X e Linux a versión en galego do Firefox 13, que incorpora numerosas melloras de rendemento.

    Fonte: Código Cero

    04 de xuño de 2012

    Dúas ONG que traballan separadamente para promover o hindi e o urdú uníronse para asegurar que unha gran parte das obras de cada unha destas linguas poida ser compartido polos amantes da literatura. Para asegurar isto, traducirán as obras de poetas e escritores contemporáneos de forma gratuíta.

    Fonte: DNA Indie

    04 de xuño de 2012

    Grazas a un grupo de estudantes da Universidade de Houston, as persoas xordas poderán comunicarse máis facilmente cos que non entendan lingua de signos. Durante o pasado semestre, os estudantes de Enxeñería Tecnolóxica e Programas de Deseño Industrial uníronse para desenvolver o concepto e prototipo de MyVoice, un aparato que le lingua de signos e traduce os movementos a palabras audibles.

    Fonte: Bits Of Science

    04 de xuño de 2012

    A síndica de Greuges (valedora do Pobo) de Barcelona, María Assumpció Vilá, informou de que desde 2006 recibira só dez reclamacións polo uso do catalán ou o castelán no Concello, o que “amosa que non supón un problema” na relación entre o consistorio e os cidadáns.

    Fonte: Europa Press

    04 de xuño de 2012

    A Consellería de Educación, Formación e Emprego pedirá por primeira vez, centro a centro, a opinión das familias sobre o modelo lingüístico que queren para os seus fillos, dentro do novo plan de plurilingüismo que porá en marcha o próximo curso, en todos os centros públicos e privados concertados que o soliciten.

    Fonte: El Mundo

    04 de xuño de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, animou o alumnado de educación secundaria e de bacharelato “a seguir producindo materiais audiovisuais en galego e a dinamizar a lingua propia de Galicia en todos os ámbitos das súas vidas”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder