Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de maio de 2012

    O mandarín superou o inglés, por primeira vez, como a segunda lingua máis falada en Hong Kong, por detrás do cantonés, segundo unha investigación das autoridades educativas da ex colonia británica.

    Fonte: ABC

    29 de maio de 2012

    Un servizo de lingua de signos facilitará os trámites e xestións no Concello da capital grazas ao acordo subscrito entre a delegada de Familia e Servizos Sociais, Dolores Navarro, e a presidenta da Federación de Persoas Xordas da Comunidade de Madrid (FerSorCam), Rosa González Álvarez.

    Fonte: Europa Press

    29 de maio de 2012

    A intervención da Asociación LANGUNE no I Foro Europeo da Industria da Lingua é resultado do recoñecemento que as industrias europeas están dando á industria da lingua de Euskadi, converténdose en boa práctica europea.

    Fonte: Europa Press

    29 de maio de 2012

    O italiano está entre as linguas máis estudadas do mundo. Proba disto son os 22 000 estranxeiros que visitan Italia cada ano para aprender a lingua e cultura italianas.

    Fonte: Il Messaggero

    29 de maio de 2012

    A localidade escocesa de Shawbost, na costa occidental da illa de Lewis, publicou o seu primeiro programa de promoción da lingua gaélica co fin de contribuír ao desenvolvemento e promoción desta lingua na zona.

    Fonte: Stornoway Gazette

    28 de maio de 2012

    O programa de dinamización lingüística “FalaRedes”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüistica, acada as 108 actividades.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de maio de 2012

    O Tribunal Superior de Xustiza(TSJ) da Comunidade Valenciana dálle a razón a Acción Cultural do País Valenciano e obriga a Deputación de Castelló a aceptar e publicar no Boletín Oficial da Provincia os anuncios redactados en valenciano sen necesidade de achegar unha versión en castelán.

    Fonte: Levante-EMV

    28 de maio de 2012

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya anunciou a sinatura dun convenio marco de colaboración co Concello de Rodés (Mediodía-Pireneos) que permitirá cooperar mutuamente en relación cos actos, manifestacións culturais e calquera outra actividade destinada ao fomento da lingua occitana, xa sexa en Cataluña ou en Rodés.

    27 de maio de 2012

    Un novo modelo de financiamento para a promoción da lingua irlandesa en toda Irlanda recibiu o rexeitamento do Partido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do Norte.

    Fonte: BBC

    27 de maio de 2012

    O plan para aumentar o status oficial da lingua rusa do partido gobernante de Ucraína fai desencadear violentas protestas. Trátase dun asunto sensible na ex república soviética que os opositores consideran que dividirá o país.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder