Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2012

    O Premio Leixaprén, que na edición do curso 2011-2012 estivo organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), recaeu na empresa compostelá Imaxin Software, que leva anos desenvolvendo programas informáticos e empregando o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa.

    Fonte: Código Cero

    23 de maio de 2012

    Os habitantes da comunidade indíxena de Xoxocotla (México) piden o rescate e conservación da lingua náhuatl e non só ser botín do voto para o triunfo de candidatos.

    Fonte: El Sol de Cuautla

    23 de maio de 2012

    O presidente de Timor Leste, Taur Matan Ruak, suxeriu que o portugués se ensine como lingua estranxeira, garantindo a súa continuación como lingua oficial, constitucionalmente consagrada.

    Fonte: Agência AngolaPress

    23 de maio de 2012

    O Goberno vasco modificou o decreto que regula o proceso de normalización lingüística da Ertzaintza, que establecerá dous perfís, un deles más esixente, para os axentes que ocupen determinados postos.

    Fonte: El Mundo

    23 de maio de 2012

    O presidente da CHA (Chunta Aragonesista) defenderá en Estrasburgo as linguas minoritarias de Aragón, especialmente o aragonés, ante o “incumprimento” dos últimos gobernos autonómicos da Lei de linguas, do Estatuto de Autonomía e dos tratados internacionais.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de maio de 2012

    A asociación Nova Escola Galega e o artista Henrique Ortiz recibiron os galardóns que cada ano entrega a Fundación Pedrón de Ouro co obxectivo de recoñecer as accións en defensa da lingua, a cultura e o patrimonio de Galicia.

    Fonte: 20minutos

    22 de maio de 2012

    O traballo pretende proporcionar aos Estados membros información comparable sobre as competencias en linguas estranxeiras do alumnado europeo ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria así como coñecer boas prácticas que permitan mellorar a súa aprendizaxe.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    22 de maio de 2012

    Máis de 200 persoas saíron ás rúas de Caernarfon para oporse ao peche do centro de chamadas en galés de ScottishPower.

    Fonte: Daily Post

    22 de maio de 2012

    Decidiuse presentar á Comisión Europea unha iniciativa, promovida por varias asociacións de lingua rusa, encamiñada ao recoñecemento da utilización do ruso a nivel oficial na Unión Europea.

    Fonte: Rusia

    22 de maio de 2012

    Un informe xurídico realizado a petición do Goberno do Principado determina que é viable tanto a creación da especialidade en Lingua Asturiana no currículo da Educación Primaria e Secundaria coma o desenvolvemento dun grupo docente específico para a súa impartición.

    Fonte: El Comercio

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder