Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de maio de 2012

    Cada vez máis, na India, os pais rexeitan educar os seus fillos na súa lingua materna en favor do inglés. A pesar dos avisos dos docentes de que a escolaridade temperá nunha lingua non familiar afecta o desenvolvemento cognitivo dos nenos, na última década houbo un crecemento exponencial no país das escolas cuxa lingua vehicular é o inglés.

    Fonte: The Guardian

    16 de maio de 2012

    A Deputación Foral de Biscaia aprobou unha subvención de 355 000 euros a Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, en resposta ao compromiso do Departamento de Cultura de apoiar proxectos que teñan por obxecto a promoción do éuscaro.

    Fonte: Europa Press

    16 de maio de 2012

    A maioría de cidadáns de comunidades oficialmente bilingües cre que as políticas desenvolvidas polos executivos autonómicos para promover o coñecemento e o uso da lingua propia son “adecuadas”, mentres que desde as rexións monolingües as medidas se ven maioritariamente como “excesivas”.

    Fonte: ABC

    15 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a compañía galega de distribución alimentaria, Vegalsa-Eroski, volven a unir forzas, desta vez para achegar á cidadanía a figura de Valentín Paz-Andrade, poeta, político e empresario ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- segue a programar as actividades de FalaRedes polos concellos integrantes da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a promover a investigación arredor da lingua galega coa concesión de oito novas bolsas de formación en proxectos que está a desenvolver o Centro Ramón Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura de Galicia o programa de actividades promovidas pola Xunta de Galicia para dar a coñecer a figura de Valentín Paz-Andrade, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta, político e empresario.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de maio de 2012

    Os plans para reforzar a lingua galesa nos coidados sanitarios e sociais poden ter un impacto negativo no proceso de contratación de máis médicos.

    Fonte: Wales Online

    15 de maio de 2012

    Gyani Maiya Sem, unha muller de 75 anos do oeste de Nepal, é a única persoa viva en Nepal que fala fluidamente a lingua kusunda. As orixes descoñecidas e a misteriosa estrutura oracional do kusunda desconcertan os lingüistas desde hai tempo.

    Fonte: BBC

    15 de maio de 2012

    As actuacións celebraranse os xoves 17 e 24 de maio na Escola Navarra de Teatro, con entrada gratuíta. Cada día haberá dobre actuación dirixida ao público novo e adulto, dado que a obra teatral irá precedida dun monólogo ou dunha narración.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder