Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de maio de 2012

    Miles de persoas asistiron á gran Trobada d’Escoles en Valencià que conmemoraba o 25 aniversario do primeiro encontro que se organizou en 1987. Os asistentes fixeron un chamamento claro a favor do valenciano e en contra dos recortes.

    Fonte: Las Provincias

    14 de maio de 2012

    A plataforma Vitaminas para o Galego, que agrupa 29 medios de comunicación en lingua galega, prepara distintas accións para o Día das Letras, englobadas baixo o título de Vitaminas 17. Na véspera, 16 de maio, o manifesto a prol do xornalismo en galego, elaborado pola plataforma, lerase en 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 casas dos concellos, en 17 cidades de todo o mundo e traducirase ás 17 linguas máis faladas.

    14 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu na Cidade da Cultura de Galicia os 9 estudantes de 1º e 2º de ESO do Instituto Cañada Blanch (Londres) que están a visitar Galicia en viaxe de estudos. Desta forma as rapazas e rapaces complementan os seus estudos de lingua e cultura galegas, mediante o contacto directo coa lingua propia de Galicia e as actividades culturais programadas para a súa estadía.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto da iniciativa “En galego, agora e sempre”, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística representada por Valentín García, que tomou parte no encontro organizado pola Entidade Local Menor de Morgadáns e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de maio de 2012

    Segundo revela un novo estudo a cargo de científicos británicos e estadounidenses, algunhas das rexións máis diversas lingüisticamente atópanse en focos de biodiversidade e espazos naturais virxes de gran diversidade biolóxica. Os resultados, publicados na revista PNAS, indican que preto do 70 % das linguas do mundo se falan en rexións destas características. Este estudo achega información sobre a vida das poboacións das devanditas zonas e ofrece coñecementos de utilidade para a conservación da biodiversidade.

    14 de maio de 2012

    O Consello de Goberno de Estremadura aprobou o decreto que regula as actuacións de formación do profesorado relativas ao Programa Integral de Aprendizaxe das Linguas Estranxeiras (PIALE) e autoriza a convocatoria para o ano 2012 cun orzamento de 170 366 euros.

    Fonte: El Economista

    14 de maio de 2012

    O Real Sitio de Aranjuez (Aranjuez, Madrid) inaugurou, co impulso da Fundación Orange, un servizo gratuíto de signoguías que fará accesible o valor cultural deste espazo ás persoas xordas.

    Fonte: Europa Press

    11 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou os certificados aos 16 docentes de 12 países da Unión Europea que estiveron en Galicia no marco do programa Lifelong Learning Programme.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de maio de 2012

    Entender a diversidade lingüística entre os estudantes londinienses é un factor clave para o futuro da cidade como ‘axente global’, segundo un estudo.

    Fonte: The Information Daily

    11 de maio de 2012

    Un grupo de arqueólogos descubriu en Turquía restos dunha antiga lingua descoñecida, de 2500 anos de antigüidade e coetánea do Imperio Asirio.

    Fonte: First Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder