Coa publicación do Decreto 231/2011, de 8 de novembro, sobre a comunicación audiovisual do País Vasco consolídase a presenza do éuscaro nos medios de comunicación social.
Fonte: Audiovisual Legal
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Coa publicación do Decreto 231/2011, de 8 de novembro, sobre a comunicación audiovisual do País Vasco consolídase a presenza do éuscaro nos medios de comunicación social.
Fonte: Audiovisual Legal
A mensaxe de Nadal do rei incorpora por primeira vez na súa historia a xanela co intérprete de lingua de signos española na súa emisión por televisión, segundo informa o Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española.
Fonte: El Mundo
As deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra, e os concellos de Santiago de Compostela e de Ferrol suman o seu compromiso á promoción do galego desde o ámbito local coa súa incorporación á Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
O Tribunal Supremo confirmou a anulación da orde da Generalitat valenciana pola que se establecía a impartición nesta comunidade da materia de Educación para a Cidadanía en lingua inglesa, así como a posibilidade de aprobar a materia mediante un traballo.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade do País Vasco acolleu un recital poético que une os idiomas galego, catalán e éuscaro. “A outra poesía” é o nome desta iniciativa que promoven os centros de estudos galego e catalán da universidade para difundir as linguas propias de Galicia e de Cataluña en Euskadi.
Fonte: Xunta de Galicia
O catalán creceu en número de falantes nos últimos dez anos, en que a poboación aumentou un 20 % pola chegada de inmigrantes, segundo sinala o Informe sobre a Lingua Catalunya (2010).
Fonte: La Vanguardia
Unha estudante de Bioloxía e un alumno da especialidade de Enxeñería Informática da Escola Técnica Superior de Enxeñería son os gañadores dos premios á excelencia lingüística da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes ao curso 2010-2011.
Arredor dun cento de persoas se xuntaron na Cámara de Comercio de Santiago no acto de entrega dos Premios Manuel Beiras, que distinguen as firmas e profesionais que sobresaen no uso e promoción do galego.
Fonte: El Correo Gallego
Na provincia Lao Cai do norte de Vietnam, as escolas primarias locais introduciron a lingua mong nas súas aulas co fin de facer o ensino máis accesible aos nenos das minorías étnicas e mellorar os estándares educativos.
Fonte: SOS Children's villages
O Instituto Politécnico de Macau ofrecerá en portugués os dous primeiros programas de doutoramento en Lingua e Cultura Portuguesas e Administración Pública. O programa en Lingua e Cultura Portuguesas responde a unha necesidade das institucións de ensino superior tanto en Macau como no resto de China.
Fonte: Portugal Global
Subscríbase ao boletín