Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de maio de 2012

    O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, defendeu ante o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, a necesidade de que a institución "se proxecte por riba da literatura" para poder incidir na difusión da lingua en ámbitos como o xurídico.

    Fonte: ABC

    09 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou nun encontro coa Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT).

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de maio de 2012

    Univisión News asociouse con ABC News para crear unha nova canle de noticias en inglés, co obxectivo de aproveitar o crecente mercado hispano nos Estados Unidos.

    Fonte: Hispanic Business

    09 de maio de 2012

    O gobernador de Porto Rico está intentando facer o que máis dun século de cidadanía estadounidense non conseguiu: facer que os portorriqueños falen inglés fluído. O gobernador Luís Fortuno propuxo un ambicioso plan que requirirá que todas as escolas públicas ensinen completamente en inglés en lugar de en español.

    Fonte: Associated Press

    09 de maio de 2012

    O Consello de Goberno vasco aprobou a orde pola que se regula e convoca a concesión de subvencións para a promoción, difusión e/ou normalización do éuscaro na sociedade.

    Fonte: Europa Press

    09 de maio de 2012

    Os gobernos vasco e navarro asinarán un convenio de colaboración en diversas materias relacionadas coa protección e desenvolvemento do éuscaro.

    Fonte: Europa Press

    08 de maio de 2012

    O español, tras máis de dúas décadas desterrado dos plans de estudo, regresa paulatinamente aos centros de educación secundaria de Filipinas grazas a un programa de formación de profesores autóctonos.

    Fonte: ABC

    08 de maio de 2012

    O Departamento de Lingüística da Universidade de Pensilvania, en Estados Unidos, a través da súa Escola de Artes e Ciencias, aprobou crear un curso específico da ASL (Lingua de Signos Americana/Cultura Xorda).

    Fonte: Diario Signo

    08 de maio de 2012

    O 41,3 por cento dos alumnos de cuarto curso de Primaria de Eivisa e Formentera non utiliza para nada o catalán fóra do colexio, segundo detalla o informe do Instituto de Avaliación de Calidade do Sistema Educativo, organismo dependente da Consellería balear de Educación.

    Fonte: Diario de Ibiza

    08 de maio de 2012

    A Asociación Berciana da Lingua, Xarmenta, manifestou os seus temores porque os recortes que se están aplicando en Educación poidan afectar ao programa de ensino do galego nos centros do Bierzo.

    Fonte: Diario de León

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder