Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de maio de 2012

    A iniciativa de educación intercultural, única en Chile e que comezou no ano 2011, permitiu o rescate das tradicións ancestrais da Illa de Pascua.

    Fonte: La Tercera

    04 de maio de 2012

    A rede de colexios bilingües esténdese polo mapa da Rexión de Murcia. O próximo curso serán 122 os centros públicos e concertados que dean os bos días en inglés aos seus novos alumnos de Primaria. A Consellería de Educación seleccionou a trinta colexios, oito deles concertados, para que se sumen ao programa o próximo setembro.

    Fonte: La Verdad

    04 de maio de 2012

    O Tribunal Supremo anulou o requirimento mínimo de oito alumnos que establecera o Goberno rexional para ofertar o ensino de asturiano na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

    Fonte: ABC

    04 de maio de 2012

    É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de axenda do soportal AVG de Culturagalega.org amosa que esta lingua tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuítos alternativos.

    Fonte: Culturagalega.org

    04 de maio de 2012

    A continua trasfega de peregrinos polo municipio de Sarria chegados desde todas as partes do mundo foi concibido como unha ferramenta didáctica por centros educativos como o instituto Xograr Afonso Gómez, que programou unha actividade lingüística para que o seu alumnado aprenda idiomas ao amparo da ruta xacobea.

    Fonte: El Progreso

    03 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora na celebración da Festa da Lingua que promove anualmente a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de maio de 2012

    Os concelleiros nacionalistas queren que o Concello de Chantada se comprometa a garantir atención íntegra en idioma galego a todos os veciños que o demanden, tanto no que se refire á comunicación directa cos funcionarios como na entrega ou admisión de documentos por escrito.

    Fonte: La Voz de Galicia

    03 de maio de 2012

    A XIII edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reivindicación da lingua galega, arrincou en Ourense e terminará o día 16 en Viveiro (Lugo) tras percorrer un total de 12 localidades galegas, segundo informan os organizadores nun comunicado.

    Fonte: Galicia Hoxe

    03 de maio de 2012

    A organización Iniciativa polo Asturiano chamou a participar na Manifestación pola Oficialidade, en Oviedo. Este acto reivindicativo celébrase coincidindo co Día das Letras Asturianas.

    Fonte: Europa Press

    03 de maio de 2012

    Os fillos xa non son unha escusa para non practicar o éuscaro en Ermua. O programa de promoción do éuscaro falado na vila, Berbalagun, incorporou durante este curso unha nova modalidade denominada ‘Gurasolagun’, que permite aos pais e nais interesados charlar en éuscaro durante unha hora á semana.

    Fonte: El Correo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder