Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de decembro de 2011

    2.0 Editora presenta o Dicionario Moderno Inglés-Galego, unha ferramenta imprescindible para o acceso a outras culturas, a aprendizaxe do inglés, o afondamento en coñecementos xa adquiridos, ou o dominio da lingua inglesa desde a semántica do galego.

    Fonte: 2.0 Editora

    20 de decembro de 2011

    O equipo creador do ConxuGalego e o DicionarioGalego ten entre mans unha nova aplicación que dar a coñecer. Trátase da aplicación TradutorGalego para Android, unha ferramenta que permite traducir textos do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

    Fonte: Código Cero

    20 de decembro de 2011

    No marco da feira Terractiva, en Arzúa, presentouse a campaña "Vitaminas para o galego". Dez medios de comunicación nesta lingua participan neste proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia de contar con medios en galego.

    Fonte: Culturagalega.org

    20 de decembro de 2011

    Un total de 169 000 persoas falan navaho na casa, o que o converte na lingua nativa americana máis falada dos Estados Unidos. Este dato resulta esperanzador, sobre todo se se ten en conta que moitas tribos están loitando para manter as súas linguas ancestrais.

    Fonte: Associated Press

    20 de decembro de 2011

    Unha campaña en Irlanda do Norte, que pretendía que 1 000 persoas se comprometesen a falar irlandés con fluidez, superou o seu obxectivo inicial só uns meses despois do seu lanzamento.

    Fonte: Press Association

    20 de decembro de 2011

    O Tribunal Constitucional de Ucraína decretou que, ademais do ucraíno, as linguas das minorías étnicas poden empregarse nos tribunais do país.

    Fonte: Interfax

    19 de decembro de 2011

    Os 6000 exemplares do plano distribuiranse de forma gratuíta. Un millar de topónimos sobre o papel e 2000 na web local, que ademais engade outras 12 000 achegas.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de decembro de 2011

    O Boletín Oficial da Xunta de Andalucía publicaba na súa edición do 15 de decembro a lei que regula o uso da lingua de signos española en Andalucía. Desde agora todo o seu contido é de obrigado cumprimento.

    Fonte: Diario Signo

    19 de decembro de 2011

    «A recuperación definitiva do asturiano e do galego-asturiano non é posible sen a dignificación da propia cultura». O director xeral de Política Lingüística, Alfredo Álvarez, resaltou así a importancia que os pobos, as súas xentes e os seus costumes teñen para conservar unha lingua.

    Fonte: El Comercio

    19 de decembro de 2011

    O traballo dun grupo de educación infantil acadou o primeiro premio do concurso de presentacións de Nadal 2011 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder