Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de maio de 2012

    O Departamento de Cultura, Arte e Lecer de Irlanda do Norte realizou a enquisa "Actitudes dos cidadáns cara á lingua irlandesa" que revelou que os habitantes desta zona do Reino Unido deberían ter máis oportunidades para aprender irlandés.

    Fonte: U TV

    02 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difunde o legado de Celso Emilio Ferreiro en Pontevedra a través dunha exposición itinerante que estará ata o 11 de maio na biblioteca nodal da cidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentoulle ao alcalde o proxecto da Rede de Dinamización Lingüística que a Xunta de Galicia puxo a andar en setembro de 2010 e que a día de hoxe conta xa con preto de 120 entidades adheridas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de maio de 2012

    O programa de promoción do galego FalaRedes, impulsado dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as entidades locais adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) chegou nos seus primeiros 45 días a máis de 50 concellos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de maio de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística representou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na presentación pública dos actos conmemorativos do 50 aniversario das Letras Galegas na sede da Real Academia Galega (A Coruña).

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de maio de 2012

    Escolares de Iparralde e de Zarautz coñeceranse co éuscaro e o deporte como nexo de unión nunha iniciativa que se vén desenvolvendo desde comezos de ano e na que alumnos da localidade de Saint Pierre d’Irube e da Ikastola Salbatore Mitxelena se están comunicando en éuscaro a través do correo electrónico.

    Fonte: Diario Vasco

    02 de maio de 2012

    O debate de investidura do novo presidente andaluz será emitido en directo por Canal Sur e, tal e como establece a lei, será integramente traducido á lingua de signos española por un equipo de intérpretes da Federación Andaluza de Asociacións de Persoas Xordas.

    Fonte: Diario Signo

    02 de maio de 2012

    A Asociación Checa das Rexións e as embaixadas de Alemaña e Austria na República Checa asinaron un acordo de cooperación para a promoción da lingua alemá co fin de pór freo á perda de interese dos cidadáns checos por esta lingua.

    Fonte: Prague Daily Monitor

    01 de maio de 2012

    Un máximo de 50 linguas nativas de Filipinas poderían perderse nun período de 20 anos, segundo informou Artemio Barbosa, antropólogo do Museo Nacional de Filipinas. O Ministerio de Educación aplicará desde comezos do próximo ano académico un novo plan educativo polo que 12 das linguas nativas máis faladas substituirán o inglés e o filipino como linguas de instrución.

    Fonte: AFP

    30 de abril de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, un ano máis, o Festival Internacional de Cine de Ourense, a importante cita do cinema que chega este ano á súa décimo sétima edición e que se desenvolverá no mes de outubro na cidade das Burgas. Así, a Consellería -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- vén de presentar o IV Certame de Cinema OUFF Escola 2012, que convoca conxuntamente co Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense e a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración con Ponte... nas Ondas.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder