Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de decembro de 2011

    Un experto en estatística advertiu que, a pesar da crecente popularidade da educación en lingua galesa, Gales continúa perdendo falantes de galés a un ritmo de 3000 persoas ao ano.

    Fonte: Wales Online

    10 de decembro de 2011

    Estudosos da Universidade de Cambridge, no Reino Unido, enfróntanse contrarreloxo ao reto de rexistrar a lingua normanda falada polos invasores en 1066. Ninguén cunha idade inferior a 30 anos fala a lingua de maneira fluída e témese que poida desaparecer no período dunha xeración.

    Fonte: Cambridge-news

    10 de decembro de 2011

    A medida que o movemento independentista da provincia canadense de Quebec perde forza, polo menos nun futuro inmediato, medra a sensibilidade sobre o debate lingüístico. Case a diario unha nova historia sobre a realidade lingüística é tema de conversa na radio, nos titulares da prensa ou nos debates políticos do Goberno da provincia.

    Fonte: Winnipeg Free Press

    09 de decembro de 2011

    O Goberno de Navarra vai ofrecer a todos os seus empregados públicos da Administración da Comunidade foral e do resto das administracións públicas de Navarra, por primeira vez, unha oferta formativa en éuscaro, inglés e francés a través de internet e con apoio das redes sociais.

    Fonte: Europa Press

    09 de decembro de 2011

    Estas axudas inclúen a edición de publicacións integramente en lingua vasca e os produtos que fomentan a presenza do éuscaro nas tecnoloxías da información e da comunicación.

    Fonte: La Vanguardia

    09 de decembro de 2011

    Máis de 100 propostas para felicitar o Nadal en galego a través de internet. Este é o número de traballos que participan ata o momento no concurso de presentacións electrónicas que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de decembro de 2011

    P. Nikiforos Diamandouros, o valedor do pobo europeo, pediulle á Comisión Europea que publique os documentos de consulta pública nas 23 linguas da Unión Europea ou que facilite traducións se así se solicitan. De acordo co valedor do pobo, os cidadáns non poden participar nunha consulta se non a entenden.

    Fonte: Euroalert

    07 de decembro de 2011

    O Goberno de Novo Brunswick presentou un plan de linguas oficiais que durará dous anos e que ten como obxectivo mellorar os servizos bilingües na Administración pública e medir os avances.

    Fonte: CBC

    07 de decembro de 2011

    O Goberno rexional de Puno aprobou unha ordenanza rexional segundo a cal o quechua e o aimará foron declarados idiomas oficiais xunto co español. A ordenanza especifica que as linguas serán oficiais no seu "ámbito xeográfico correspondente" e tamén "en todo o ámbito da Administración pública".

    Fonte: Nationalia

    07 de decembro de 2011

    Nos últimos días representantes da Asociación PuntoGal tiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para ultimar a presentación da candidatura que persegue un dominio para a lingua e a cultura galegas.

    Fonte: Código Cero

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder