Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de decembro de 2011

    A concepción da lingua desde a perspectiva da ecoloxía centra este ano a temática das VIII Xornadas sobre Lingua e Usos, unha iniciativa que promove o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de decembro de 2011

    O sábado 3 de decembro celébrase o Día Mundial do Éuscaro, unha iniciativa fundada en 1949 pola Sociedade de Estudos Vascos co obxecto de reivindicar o valor universal do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Madrid

    01 de decembro de 2011

    O consumo de medios de comunicación en catalán aumentou un 14,2 por cento no último ano, mentres que os medios en castelán están estancados, segundo os datos do Barómetro da Comunicación e da Cultura.

    Fonte: ABC

    01 de decembro de 2011

    A pesar de que os indios umutinas de Mato Grosso adoptaran o portugués como primeira lingua, manteñen a esperanza de rescatar a súa lingua indíxena por medio do seu ensino na escola da aldea na que viven. Neste centro, alén da lingua orixinal, os alumnos aprenden a música e as tradicións dos indios. No Brasil, estímase que das 1300 linguas indíxenas diferentes que se falaban no ano 1500, sobreviven só preto de 180.

    Fonte: G1 Globo

    01 de decembro de 2011

    Portugal asegura que o ensino da lingua e cultura portuguesas está implantado en 73 países do mundo, un sistema que cobre actualmente máis de 150 000 alumnos e que o Goberno portugués quere reestruturar completamente nos próximos seis meses.

    Fonte: Tvi24

    30 de novembro de 2011

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participaron na entrega do V Premio de Narrativa Breve Repsol, que lle foi concedido a Fernando Díaz-Castroverde pola súa obra de microrrelatos Microbios e outros paquidermos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de novembro de 2011

    Sendo un dos municipios galegos con maior número de xitanos, non é de estrañar que O Porriño sexa o encargado de ensinarlle romaní ao resto do mundo. E é que o instituto de Torneiros, lugar de residencia da maioría do colectivo, é o promotor dun portal que promove a aprendizaxe desta antiga lingua.

    Fonte: La Voz de Galicia

    30 de novembro de 2011

    O conselleiro de Educación, Cultura e Universidades, Rafael Bosch, confirmou que a partir do próximo ano se comezará a aplicar en infantil a libre elección de lingua nos centros educativos, tal e como prevé a lei aínda que non se aplique.

    Fonte: ABC

    29 de novembro de 2011

    Na aldea de Xiaomaopoying, na provincia de Hubei, no centro de China, viven 407 persoas do grupo étnico dos miao. O Goberno local designou a aldea como o único lugar da provincia destinado á preservación da lingua da comunidade miao. Porén, dado que cada vez máis rapaces abandonan o lugar natal para traballar nas cidades, na actualidade, menos dun cento dos habitantes da aldea empregan a lingua nativa.

    Fonte: Xinhuanet

    29 de novembro de 2011

    Os defensores da lingua galesa esixiron o restablecemento inmediato do carácter bilingüe das actas dos debates da Asemblea Nacional de Gales que, actualmente, só traduce as contribucións que fan os membros do galés ao inglés e non viceversa. Os activistas cren que esta situación está socavando a lingua galesa que comparte co inglés o mesmo status despois de que os membros da Asemblea aprobasen unha lei que así o establecía.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder