Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de maio de 2012

    Na gran celebración da nosa lingua e literatura, instituída pola Real Academia Galega cada 17 de maio, e que este ano acada a súa quincuaxésima edición, a Xunta de Galicia acordou sumarse á homenaxe correspondente ao Día das Letras Galegas de 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o documental Valentín Paz-Andrade. Cen chaves de luz, unha crónica audiovisual producida por Acuarela Comunicación, en colaboración con Cultura e Educación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de maio de 2012

    O concello de Ponteceso acolle estes días un amplo programa de actividades culturais a través de Festiletras 2012, un programa que se enmarca na celebración das Letras Galegas e que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma ao programa xeral de actividades que está a desenvolver no marco da celebración do Día das Letras Galegas 2012 a Ronda poética que a Compañía Femme Fatale desprega o xoves 17 de maio polas rúas do casco antigo de Santiago de Compostela.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de maio de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, como un exemplo para as xeracións futuras. Así o expresou na entrega do premio ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), polo traballo presentado ao certame escolar para a elaboración dunha exposición multidisciplinar arredor da figura do homenaxeado.

    17 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai partícipes da conmemoración das Letras Galegas e da difusión da vida e da obra do homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade, a 16 países de todo o mundo a través da difusión de dúas exposicións confeccionadas por alumnado e profesorado de dous centros de ensino de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria intensificará a actividade do programa FalaRedes durante a Semana das Letras Galegas, de maneira que nestes sete días chegará a un total de 17 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para sumarse á homenaxe á lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de convocar seis prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de España, Francia, Reino Unido, Irlanda e Brasil.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2012

    O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron á entrega dos XIX Premios de Publicidade en Galego convocados polos consellos asesores da RTVE en Galicia e da CRTVG, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de maio de 2012

    A Oficina Federal de Inmigración lanzou un sistema de aprendizaxe de linguas especificamente definido en torno á necesidade de integración dos inmigrantes. O curso será introducido gradualmente en colaboración cos cantóns a partir do verán.

    Fonte: Swissinfo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder