A versión gratuíta da aplicación Escucha y Aprende Inglés para Android conseguiu superar as 50 000 descargas, dato que deixa constancia do interese que atrae esta ferramenta.
Fonte: Código Cero
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A versión gratuíta da aplicación Escucha y Aprende Inglés para Android conseguiu superar as 50 000 descargas, dato que deixa constancia do interese que atrae esta ferramenta.
Fonte: Código Cero
Alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés son os idiomas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela ofrece este verán nos seus cursos intensivos.
O Goberno vasco puxo en marcha o proceso de socialización do novo Plan de acción para a promoción do éuscaro (ESEP), cuxo obxectivo principal é incrementar o uso desta lingua.
Fonte: Europa Press
Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia desenvolveron un novo tradutor automático de linguas minoritarias, que permite superar a escaseza de recursos lingüísticos dos tradutores actuais.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a pór en valor a obra e figura de Celso Emilio Ferreiro, no marco da celebración do Ano Celso Emilio, co gallo da conmemoración do centenario do seu nacemento.
Fonte: Xunta de Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de desestimar o recurso interposto pola asociación Nova Escola Galega contra a consulta ás familias sobre as linguas no sistema educativo non universitario.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinaron un novo convenio que afonda na colaboración entre ambas as dúas institucións e que dará diversos froitos. O máis próximo, o traslado do Seminario de Lexicografía da RAG dende Santiago á sede coruñesa da Barrié, onde recibirán apoio tecnolóxico de cara a acadar o obxectivo a máis longo prazo desta colaboración: adaptar as bases de datos lexicográficos da Academia para poder ofrecer contidos como o dicionario a través de diversos soportes, como dispositivos móbiles e portais de internet.
Os traballadores do Mercado Municipal de São Paulo volven ás clases. Cun ollo no Mundial de Fútbol, reciben unha hora e media de clase, dúas veces por semana, para non decepcionar os turistas estranxeiros e aumentar as vendas.
Fonte: VNews
A organización Iniciativa polo Asturiano acaba de asinar un convenio con Splitweet, un xestor de contas de Twitter, polo que a plataforma ofrece desde agora unha versión en asturiano de todo o sistema.
Fonte: Asturnews
Trinta autoescolas de Biscaia ofrecen a posibilidade de recibir en éuscaro as clases teóricas e prácticas para examinarse do carné de conducir, segundo informou a Deputación nunha nota.
Fonte: ABC
Subscríbase ao boletín