Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na sala de exposicións do Edificio do Arquivo de Betanzos a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a deputada de Normalización Lingüística da Coruña e alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, veñen de presentar Redecinema, a nova programación da RDL.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de agosto de 2012

    Tailandia e Corea do Sur xuntaron esforzos para proporcionar formación lingüística aos tailandeses que queiran traballar en Corea do Sur.

    Fonte: Bernama

    02 de agosto de 2012

    A presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, sancionou unha lei que regula a publicación de documentos en lingua estranxeira en páxinas de Internet mantidas por organismos públicos. A norma determina que sempre que se divulgue un documento en lingua estranxeira neses medios, debe haber unha versión traducida ao portugués.

    Fonte: Olha Direto

    02 de agosto de 2012

    O Departamento de Cultura da Generalitat catalá asinou acordos de colaboración coas asociacións coas asociacións Amical Viquipèdia e Lectura Fàcil co obxectivo de promover e difundir a lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de agosto de 2012

    O presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, avanzou que a Generalitat aprobará un decreto que permitirá recoñecer como oficiais os cursos de linguas estranxeiras que imparten as universidades públicas e privadas valencianas.

    Fonte: Levante-emv

    01 de agosto de 2012

    A Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña denunciou que é "misión imposible" atopar en galego a programación completa das Festas de María Pita 2012. Segundo aclara a entidade, a ausencia de información na lingua propia non se debe á que estean esgotados os folletos, senón a que "nin tan sequera se chegaron a editar", tal e como recoñeceu o Consorcio de Turismo da Coruña a través do Twitter.

    01 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Deputación de Ourense vén de presentar un novo programa de actividades destinado aos concellos e entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), o primeiro proxecto global de promoción da lingua impulsado polo Goberno galego, que xa conta con máis de 120 entidades que participan nel.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de agosto de 2012

    Os membros designados pola Secretaría de Acción Social e a Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai reuníronse co obxectivo de pór en marcha o plan que desenvolverá en tres niveis os cursos de Guaraní Comunicativo, dirixido a funcionarios da Secretaría de Acción Social.

    Fonte: La Nación

    01 de agosto de 2012

    Un dicionario elaborado polo lingüista Aitor Arana recolle moitos dos termos en éuscaro que se utilizaban no val de Guesálaz e en Salinas de Oro nos séculos XVIII e XIX.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder