Co fin de fomentar o uso da lingua maia para a súa preservación e aumentar a súa presenza en internet, un grupo de mozos da asociación “Nación Nativa” realiza o Maratón de Traducións en Maia “Mozilla Translathon 2012”.
Fonte: Excelsior
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co fin de fomentar o uso da lingua maia para a súa preservación e aumentar a súa presenza en internet, un grupo de mozos da asociación “Nación Nativa” realiza o Maratón de Traducións en Maia “Mozilla Translathon 2012”.
Fonte: Excelsior
O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña denunciou a "exclusión" do galego no libro informativo editado con motivo das Festas de María Pita, segundo sinala nun comunicado, no que pide tamén ao goberno local que "vele" polo cumprimento do uso do topónimo oficial na súa documentación.
Fonte: Galicia Hoxe
O paquete LibreOffice 3.6.0 chegou á súa versión final e xa está dispoñible para a súa descarga en galego nas súas versións para Windows, para Mac OS X e para Linux.
Fonte: Código Cero
De acordo coa Comisión Nacional dos Dereitos Humanos (CNDH), hai 8634 indíxenas encarcerados no país, que de 2011 ata hoxe presentaron máis de 400 queixas por detencións arbitrarias, omisión de servizos de saúde e falta dun intérprete para un debido proceso.
Fonte: Informador
A lingua de Dante está chea de termos como "spread" (prima de risco), "spending review" (revisión do gasto), "bond" (bonos) e "soft skills" (habilidades sociais).
Fonte: La Vanguardia
Un de cada cinco comercios da cidade de Barcelona (o 19,2 %) non ten os rótulos internos e externos en catalán, tal como establece a normativa, segundo un estudo do concello da capital catalá e da Unión de Consumidores de Catalunya (UCC).
Fonte: La Vanguardia
Odia Bhasha Pratisthan, un organismo gobernamental para a conservación, o desenvolvemento e a difusión da lingua oriya, pediu ás organizacións gobernamentais que publiquen os seus anuncios e valos publicitarios en oriya.
Fonte: The Times of India
Só dous de cada dez docentes do sistema educativo vasco teñen un título de inglés da Escola Oficial de Idiomas, o que supón o 20 % dos 22 000 profesores.
Fonte: Aprende Más
O Goberno de Estremadura, a través do programa Avante Estremadura, puxo en marcha un servizo gratuíto de interpretación telefónica en máis de 30 idiomas para que as empresas estremeñas poidan exportar os seus produtos sen que a linguaxe lles supoña unha barreira.
Fonte: Master Más
De catro intérpretes de lingua de signos que tiñan á súa disposición desde a Agrupación de Persoas Xordas de Almería, agora mesmo só teñen unha persoa encargada do servizo e, ademais, só de luns a venres.
Fonte: El Almería
Subscríbase ao boletín