Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de agosto de 2012

    O executivo balear só esixirá un requisito mínimo de coñecemento do catalán aos traballadores públicos que teñan como función principal a información e a atención ao alumnado nos centros educativos ou a recepción ao público e/ou atención telefónica.

    Fonte: Europa Press

    20 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa na organización da V edición do Festival de Artes escénicas xunto coa Asociación Cultural da Castaña, que está dirixido por Rubén Riós e que ten como obxectivo promover e difundir a cultura audiovisual galega entre a poboación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de agosto de 2012

    Expertos en lingua e literatura de Rangún traduciron unha serie de libros de texto para primaria á lingua kayin, para cumprir coas instrucións do ministro de Educación de Myanmar, segundo o que os manuais deben estar traducidos ás linguas étnicas para o seu uso nas escolas públicas.

    Fonte: Myanmar Times

    20 de agosto de 2012

    A edición está composta de tres tomos con máis de 40 mil termos coa súa respectiva tradución, antónimos e aplicacións prácticas da palabra en cada frase.

    Fonte: Noticieros Televisa

    20 de agosto de 2012

    Aínda que a riqueza dos seus matices suscitou tímidos estudos na segunda metade do século pasado, as reducidas dimensións territoriais do goianés manteñen a súa xénese envolta no misterio.

    Fonte: El País

    17 de agosto de 2012

    As recentes declaracións do presidente do Consello Nacional da Cultura e as Artes (Conca), Carles Duarte, nas que consideraba a posibilidade de que un escritor catalán en lingua castelá poida obter o Premio Nacional de Literatura que outorga cada ano a Generalitat, propician unha posible selección de autores que poderían barallarse entre os galardoables de 2013.

    Fonte: El Periódico

    17 de agosto de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, estivo presente nos actos culturais que desenvolveu a Asociación de Amigos do Románico da comarca de Chantada na igrexa de Pesqueiras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de agosto de 2012

    Co obxectivo de poñer en valor as letras galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten en marcha diferentes iniciativas que reforzan a difusión social da obra e do pensamento das nosas autoras e dos nosos autores clásicos e actuais e que, ao mesmo tempo, promoven o uso do galego a través da literatura.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de agosto de 2012

    O servizo de buscas por voz de Google, Voice Search, responde a 13 novas linguas entre as que se encontran o catalán, o galego e o éuscaro. A compañía de Mountain View (California) informou de que o búlgaro, o portugués, o finés, o húngaro, o islandés, o noruegués, o romanés, o serbio, o eslovaco e o sueco tamén se engadiron ao servizo.

    Fonte: Diario Vasco

    17 de agosto de 2012

    Os bebés de oito meses que crecen nun fogar bilingüe poden diferenciar outras linguas que nunca antes oíran, ata chegan a distinguilas ao ver como se falan estas linguas “sen son”, como se lesen os beizos. En cambio, os bebés monolingües non son capaces disto, indica un estudo liderado pola investigadora da Universidade Pompeu Fabra, Nuria Sebastián.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder