Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de outubro de 2011

    O III Certame de Cinema OUFF Escola desenvólvese no marco do XVI Festival de Cine Internacional de Ourense. A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con esta iniciativa, que persegue fomentar entre os máis novos a creatividade audiovisual, ao tempo que promove o uso da lingua galega a través do ámbito educativo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de outubro de 2011

    Un total de 166 centros públicos e concertados de Baleares, un 34 % do total, forma parte este curso do Programa Seccións Europeas que amplía o ensino dunha terceira lingua e supón incorporar auxiliares de conversa nativos de distintos países para apoiar o profesorado local.

    Fonte: ABC

    04 de outubro de 2011

    Os falantes de córnico poden ler agora a Biblia na súa lingua, despois de que o profesor Nicholas Williams traducira o Antigo Testamento ao córnico. Para esta obra, o tradutor empregou varias versións, entre as que se inclúen textos escritos en hebreo e grego.

    Fonte: BBC News

    04 de outubro de 2011

    As novas regras da lingua portuguesa xa están dispoñibles gratuitamente en internet. Esta nova edición en liña, dispoñible en http://www.flip.pt/acordo, ten como obxectivo explicar nunha linguaxe simple como se aplica o novo Acordo Ortográfico da lingua portuguesa.

    Fonte: Jornal de Notícias

    03 de outubro de 2011

    O número de expedientes por queixas presentadas por particulares e asociacións contra administracións e grandes empresas por conculcar os dereitos do idioma galego elévase a 31, sen contar as preguntas que sobre estes casos realizan os deputados, que se resolven pola propia vía parlamentaria.

    Fonte: El Correo Gallego

    03 de outubro de 2011

    Inmigrantes de Portugal, Marrocos, Paquistán, Latinoamérica, e de países europeos, xunto con xente nacida en Euskadi ou noutras comunidades e que non saben falar éuscaro, reúnense desde hai un ano os venres, no bar do club de xubilados, para aprender éuscaro dunha forma amena e divertida, sen facer exercicios, aprendendo a estrutura das frases e practicando conversas de vida cotiá.

    Fonte: Diario Vasco

    03 de outubro de 2011

    O Instituto de Euscaldunización e Alfabetización (HABE) destinará 230.000 euros aos centros vascos-euskal etxeak para impartir cursos de éuscaro a adultos entre 2011 e 2012.

    Fonte: ADN

    02 de outubro de 2011

    En Perú, arredor de 700.000 persoas sofren algún tipo de discapacidade auditiva. Porén, calcúlase que existen só 30 intérpretes en lingua de signos para a totalidade desta poboación, é dicir, só hai un intérprete para máis de 23.000 persoas con xordeira.

    Fonte: La República

    01 de outubro de 2011

    A Universidade de Kansas está participando nun proxecto de preservación de linguas ameazadas do occidente de China grazas á axuda de dúas bolsas do programa de documentación de linguas ameazadas. Dous investigadores da Universidade de Kansas e da Universidade de Qinghai Nationalities traballarán en métodos destinados á recuperación de linguas ameazadas e formarán outros lingüistas para que continúen o seu traballo.

    01 de outubro de 2011

    Os residentes do condado escocés de North Lanarkshire deberán dar a súa opinión acerca do plan da corporación local destinado á promoción da lingua gaélica.

    Fonte: Motherwell Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder