Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de setembro de 2011

    O presidente das ikastolas, Koldo Tellitu, avogou por lograr en Euskadi “consensos como o de Cataluña” para implantar a inmersión lingüística en éuscaro nas aulas vascas “no nome da cohesión social”.

    Fonte: El Correo

    26 de setembro de 2011

    Europa é un continente plurilingüe e Galicia achega, nese contexto, un elemento valioso para a súa diversidade: o galego. Co fin de poñer en valor e de dar a coñecer esta riqueza, cada 26 de setembro, desde 2001, celébrase o Día Europeo das Linguas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de setembro de 2011

    O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou nos actos organizados no concello da Estrada a prol dun maior uso do galego no ámbito da xustiza.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de setembro de 2011

    A minoría polaca de Lituania manifestouse en contra dunha nova lei que introduce a obrigatoriedade de facer exames en lituano para todos os alumnos dos niveis avanzados, xa que pensan que podería ser discriminatoria e ser un obstáculo para a educación da poboación polaca. A minoría étnica polaca de Lituania está integrada por 200 000 persoas dun total de 3 millóns de habitantes. Moitos destes polacos falan polaco na casa e asisten a escolas en lingua polaca.

    Fonte: Taiwan News

    24 de setembro de 2011

    O presidente da rexión kurda de Iraq, Massoud Barzani, instou os lingüistas a traballaren xuntos para crear unha norma estándar para a escrita do kurdo.

    Fonte: Kurdish Globe

    24 de setembro de 2011

    As 15 linguas indíxenas que existen actualmente en Arxentina están en perigo de extinción e, se non se toman medidas urxentes, desaparecerán a curto prazo, asegurou o investigador da Universidade de Bos Aires, Pedro Viegas Barros.

    Fonte: El Universal

    23 de setembro de 2011

    A voz silenciada dos bérberes álzase cunha forza renovada en Libia para esixir o pleno recoñecemento do seu idioma, o tamazight.

    Fonte: Terra

    23 de setembro de 2011

    O proxecto sobre multilingüismo e política lingüística cofinanciado pola UE presentou a súa páxina web, www.poliglotti4.eu, que será o punto de referencia en liña para o multilingüismo en Europa e a base para un observatorio de multilingüismo que recompilará e difundirá boas prácticas no ámbito da política lingüística e a aprendizaxe de idiomas.

    O observatorio de multilingüismo en liña recompilará e mostrará información sobre:

    23 de setembro de 2011

    Hai dez anos que non se mide o uso do éuscaro nas rúas de Llodio. No que queda deste ano e o próximo, realizarase un estudo pormenorizado para coñecer cantas persoas utilizan o éuscaro nas súas relacións cotiás.

    Fonte: El Correo

    23 de setembro de 2011

    O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares avalou o decreto aprobado polo Goberno anterior da comunidade, que esixía un alto nivel de coñecemento do catalán a todos os funcionarios públicos das illas.

    Fonte: Diario de Ibiza

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder