Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de febreiro de 2012

    A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao puxo en marcha, unha edición máis, o programa ‘Eman Giltza’, a través do que o ano pasado informou a 2893 familias sobre a importancia da transmisión do éuscaro de xeración en xeración.

    Fonte: Que

    14 de febreiro de 2012

    A xente nova emprega a lingua galega na casa, pero á hora de relacionarse cos amigos prefiren o castelán. É unha das conclusións que mostran as 275 enquisas elaboradas polo IES Pintor Colmeiro entre os seus alumnos para coñecer a realidade sociolingüística.

    Fonte: Faro de Vigo

    14 de febreiro de 2012

    A CNSE, Confederación Estatal de Persoas Xordas, e a súa Fundación publicaron Actividades en LSE, unha páxina web bilingüe (lingua de signos española – castelán) cuxo obxectivo é facilitar o proceso de ensino e aprendizaxe da lingua de signos española nas etapas de Educación Infantil e Primaria.

    Fonte: Solidaridad Digital

    13 de febreiro de 2012

    Unha enquisa, elaborada por BBC Radio Cymru, mostra que case 3 de cada 5 galeses opinan que é preciso mellorar o status da lingua galesa. O estudo realizouse 50 anos despois de que o fundador do partido Plaid Cymru, Saunders Lewis, pronunciara o seu influente discurso sobre o futuro do galés.

    Fonte: BBC

    13 de febreiro de 2012

    O primeiro centro cultural de xordos de México, actualmente en construción, realizará traballos de investigación e documentación da lingua de signos mexicana.

    Fonte: La Crónica

    13 de febreiro de 2012

    A fábrica de Irún da empresa CAF acaba de recibir do Goberno vasco a certificación Bikain de Prata, un recoñecemento ao fomento do uso do éuscaro que o Executivo autonómico instituíu hai catro anos para premiar as iniciativas cara ao bilingüismo real na actividade profesional.

    Fonte: Diario Vasco

    13 de febreiro de 2012

    Centos de manifestantes asistiron á concentración organizada pola Asociación Escola en Catalán para esixir que o catalán sexa a única lingua vehicular nas escolas de Cataluña.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de febreiro de 2012

    Este servizo ten como obxectivo mellorar a atención ás mulleres inmigrantes, pois facilita a comunicación en 51 idiomas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de febreiro de 2012

    Máis do 20 % dos profesores do sistema educativo galego que recibe formación en idiomas para mellorar os seus coñecementos lingüísticos de cara á súa posterior aplicación nas aulas xa opta por novas linguas, como árabe ou ruso, e tamén alemán ou portugués.

    Fonte: La Opinión

    12 de febreiro de 2012

    Segundo informou a Axencia Lusa de noticias, a situación do ensino da lingua portuguesa no estranxeiro é "caótica" e está causando temor entre pais, estudantes e profesores. En total, desde o inicio deste ano lectivo, 15 000 crianzas están sen clases e case 200 profesores foron retirados do sistema educativo.

    Fonte: TVI 24

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder