Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de setembro de 2011

    A Filmoteca Vasca restaurou tres das primeiras películas realizadas en éuscaro, filmadas polo cineasta biscaíño Gotzon Elortza entre os anos 1959 e 1962, e supervisou a edición en DVD destas.

    Fonte: Europa Press

    19 de setembro de 2011

    As queixas tramitadas contra o Goberno vasco e as súas sociedades públicas con motivo da vulneración de dereitos lingüísticos aumentaron o pasado ano 2010 un 130 %. Concretamente, pasaron de ser 47 a 108.

    Fonte: Deia

    19 de setembro de 2011

    O Concello de Santander, en colaboración coa Asociación de Xordos de Santander e Cantabria, organizará cursos básicos de lingua de signos, preferentemente para os traballadores municipais que realizan tarefas de atención ao público.

    Fonte: ABC

    19 de setembro de 2011

    Co inicio do novo curso escolar, o Concello de Pontevedra segue a ofrecer as visitas guiadas polas zonas da cidade máis ligadas a diversas personaxes de relevancia para a lingua e literatura galegas, co fin de ligar o uso do idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra no contexto da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

    Fonte: La Voz de Galicia

    18 de setembro de 2011

    Un grupo de lingüistas da Universidade de Bremen en Alemaña está traballando nun proxecto que podería axudar á preservación do idioma chamorro nas illas Marianas. A iniciativa tentará atopar o máximo número de manuscritos posible que traten a lingua durante o período colonial antes de 1950.

    Fonte: Saipan Tribune

    18 de setembro de 2011

    O primeiro ministro mozambicano, Aires Ali, defendeu a "igualdade de estatuto" entre a lingua portuguesa e as linguas locais dos países falantes de portugués, salientando a importancia da diversidade lingüística na transmisión do coñecemento e da cultura.

    Fonte: Zwela Angola

    16 de setembro de 2011

    A rede social Twitter está xa dispoñible en 17 idiomas diferentes despois de incorporar o malaio, o hindi, o filipino e as versións tradicional e simplificada do chinés mandarín. Ata agora, a rede social dispuña dos idiomas holandés, portugués, francés, indonesio, italiano, alemán, xaponés, coreano, ruso, español, turco e inglés.

    Fonte: Destak

    16 de setembro de 2011

    A Asemblea do estado nixeriano de Baielsa aprobou unha resolución que decreta a obrigatoriedade da lingua ijaw en todas as escolas públicas e privadas do estado.

    Fonte: Nigerian Tribune

    16 de setembro de 2011

    O día do éuscaro celebrarase en Llodio o próximo 24 de setembro cunha festa que cambiou de data en 2007 e que lembra a presenza ancestral desta lingua na segunda localidade alavesa.

    Fonte: El Correo

    16 de setembro de 2011

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña provocou a sorpresa novamente ao suspender o prazo de dous meses imposto á Generalitat para aplicar a sentenza do Tribunal Supremo sobre a equiparación do castelán como lingua vehicular do ensino obrigatorio.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder