A Presidencia de Timor Leste, membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, xa inclúe o portugués no seu novo sitio web.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Presidencia de Timor Leste, membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, xa inclúe o portugués no seu novo sitio web.
Fonte: Diário de Notícias
Lingüistas e grupos indíxenas do estado estadounidense de Alasca organízanse para apoiar unha proposta destinada a preservar e revitalizar as 20 linguas nativas do estado. O senador Donald Olson recomenda a creación do Consello de Preservación das Linguas Nativas de Alasca.
Fonte: Native American Times
O responsable da área de Estatística e Planificación da Educación na provincia angolana de Cunene, Angelino Hilinomenwa, informou de que o sector da educación necesita manuais de lingua portuguesa para o ensino primario.
Fonte: ANGOP
O Goberno de Bengala Occidental, na India, outorgou o status de segunda lingua ao urdú naquelas zonas do estado nas que existe polo menos un 10% de falantes desta lingua.
Fonte: DNA
Apple liberou unha actualización do seu sistema operativo para ordenadores Mac OS X Lion, que permite utilizar o programa en catalán.
Fonte: El Periódico
O Concello de Basauri considera que o éuscaro pode ser un importante elemento de integración para as persoas inmigrantes. Con este obxectivo, o euskaltegi municipal está impulsando un curso no que os alumnos poden iniciarse na lingua vasca á marxe da súa nacionalidade ou idioma.
Fonte: El Correo
O Cartafol é unha publicación gratuíta que se pode descargar desde a páxina web www.cartafol.gl. A partir do 1 de febreiro, xa está dispoñible en iPad e noutros formatos de tabletas electrónicas.
Fonte: Galicia Confidencial
Investigadores do grupo Procesamento da Linguaxe Natural (ProLNat) promoven Cilenis, firma de alicerce tecnolóxico e cunha importante aposta polo software libre cuxo principal obxectivo é o desenvolvemento de produtos baseados nos últimos avances na investigación do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística.
Fonte: Código Cero
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou nun acto de homenaxe a Arturo Noguerol, galeguista e xurista ourensán que foi membro da Xeración Nós, das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
A radio Esan Erran Irratia, que emite desde hai 15 anos en lingua vasca en Navarra, viuse “obrigada a interromper a emisión”, deixando unha persoa no paro, como consecuencia dunha “decisión política adoptada hai xa moito tempo, dirixida a asfixiar proxectos en éuscaro”.
Fonte: Noticias de Navarra
Subscríbase ao boletín