Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de febreiro de 2012

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito, "Empresa en galego", e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino.

    07 de febreiro de 2012

    Aprender xogando. Esa é a proposta do videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón", que formula preguntas sobre a historia de Vigo desde a época megalítica ata a actualidade cun dobre obxectivo: fomentar o uso do galego e que os máis novos coñezan o pasado da cidade onde viven.

    Fonte: Faro de Vigo

    07 de febreiro de 2012

    O xornalismo en lingua galega ten unha traxectoria longa, de dous séculos exactamente. O 5 de febreiro de 1812 publicouse na Gazeta de Santiago o primeiro texto xornalístico en galego, un artigo de opinión en forma de carta.

    Fonte: Praza Pública

    07 de febreiro de 2012

    A Deputación de Alacant e a Academia Valenciana da Lingua traballarán conxuntamente na promoción e o impulso do valenciano.

    Fonte: El Periodic

    07 de febreiro de 2012

    Nos tempos que corren, nos que acceder ao mercado laboral resulta do máis difícil, son moitos os que optan por seguir estudando. Así, en Durangaldea cada vez son máis os adultos que deciden mellorar o seu nivel de éuscaro, unha afirmación que os datos máis recentes se encargan de reflectir.

    Fonte: Deia

    07 de febreiro de 2012

    Co obxectivo de romper as barreiras lingüísticas entre os cidadáns, o Goberno de Sudáfrica planea a introdución do ensino obrigatorio das linguas africanas nas escolas. A política, que debe aínda consultarse publicamente, foi redactada despois de que o Departamento de Educación fixera unha análise da situación das linguas africanas nos centros educativos.

    Fonte: Daily News

    06 de febreiro de 2012

    A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá o labor dos servizos de normalización lingüística dos municipios galegos, así como a dos equipos de dinamización dos centros educativos co seu premio anual a institucións.

    Fonte: Galicia Hoxe

    06 de febreiro de 2012

    O segundo volume dos Cuadernos de Español como Lengua Extranjera da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ser presentado no Colexio de Fonseca. Nel ofrécese de maneira innovadora unha selección de 150 fraseoloxismos presentados arredor de dez unidades temáticas.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    06 de febreiro de 2012

    A vicepresidenta e portavoz do Goberno español, asegurou que “o goberno considera que o que se debe promover en todas as comunidades autónomas que teñen unha lingua oficial propia, ademais do castelán, é ese bilingüismo integrador e equilibrado que se practica na rúa”.

    Fonte: e-noticies

    06 de febreiro de 2012

    O presidente de Letonia, Andris Berzins, declarou que os cidadáns letóns non deben discutir por causa da lingua porque frea o desenvolvemento do país.

    Fonte: Voz da Rússia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder