Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.
Fonte: CTNL
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.
Fonte: CTNL
A través dunha nota publicada na páxina web do semanario Les Noticies e na edición impresa, o único xornal en papel que existía en lingua asturiana di adeus, para quedar só en formato de diario dixital.
Fonte: Asturnews
O conto interactivo vasco Kili-Kili converteuse no primeiro libro infantil para terminais móbiles como iPad, iPhone e iPod Touch, que permite aos máis pequenos da casa comezar a coñecer as palabras en éuscaro.
Fonte: Va de juegos
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou no acto literario ‘Neira Vilas e Rachel de Queiroz: dúas figuras universais’, organizado polo Concello de Melide.
Fonte: Xunta de Galicia
Nun intento por facer que a sociedade en xeral sexa parte da revolución dixital e que a tecnoloxía sexa máis viable e accesible para as persoas que non están familiarizadas co inglés, a Universidade de Gauhati, en colaboración co Consorcio de Información Lingüística para as Linguas Indias, busca fórmulas para desenvolver aplicacións electrónicas nas linguas indíxenas, nun principio en asamés e bodo.
Fonte: The Times of India
A Academia Norteamericana da Lingua Española (ANLE) renovou o seu convenio coa Administración de Servizos Xerais para colaborar coa mellora e a normalización do uso da lingua española nas comunicacións do Goberno federal.
Fonte: CapitalWirePR
Un programa dunha universidade de California ensina linguas como o francés e o italiano a partir das súas semellanzas co español, unha idea que está logrando grandes éxitos entre os hispanos da rexión.
O idioma inglés segue a ser a materia pendente española na diplomacia, o emprego, o turismo, o comercio, as finanzas e as relacións persoais. Só os rusos e os turcos están peor que os españois no coñecemento desa lingua.
Fonte: Diario de Navarra
O ensino de linguas estranxeiras está en crise en moitas zonas do Reino Unido. A aprendizaxe do francés, alemán e español está a piques de desaparecer de moitas escolas. As inscricións en francés caeron un 59 % desde 2001, pasando de 347 000 a 141 800 alumnos. Tamén o español e o italiano, que eran materias que gozaban dunha relativa saúde hai poucos anos, perderon forza o ano pasado.
Fonte: The Australian
Houbo un novo impulso á matriculación no modelo D, esta vez da man dunha vintena de concellos, que presentaron a súa tradicional campaña en favor do ensino en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Subscríbase ao boletín